CONCLUÍRON AS OBRAS DE MELLORA DE DOUS CAMIÑOS EN BURELA. O INVESTIMENTO ASCENDEU A 53.000 EUROS E FÍXOSE CON CARGO AO PEIM DESTE 2012.
Burela, 26 de novembro de 2012. Remataron as obras de mellora e acondicionamento de dous camiños en Burela. Os traballos, que supuxeron un investimento de máis de 53.000 euros, fixéronse con cargo ao PEIM deste 2012. O alcalde, José María González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, visitaron a zona nas últimas horas.
Trátase dun camiño que se atopa na área recreativa do Monte Castelo e doutro na zona do Cantiño. Fernández Valle lembrou que “estas obras consesuáronse o pasado mes de xaneiro coa asociación de veciños O Vencello e coa Comunidade de Montes en Man Común. Foron as que, entre todos, decidimos como prioritarias”.
O edil de Obras sinalou que “só nos resta levar adiante unha serie de medidas preventivas para que esas infraestructuras estean nas mellores condicións posibles durante moito tempo. De feito imos controlar o paso rodado de vehículos por algunha desas zonas”.