O CONCELLO INICIA EXPEDENTE DE RESOLUCIÓN DE CONTRATO COA UTE QUE ESTABA A REALIZAR AS OBRAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO POR INCUMPRIMENTO DE PRAZOS. OS TRABALLOS TERÍAN QUE ESTAR REMATADOS O PASADO MES DE XULLO E AÍNDA NON CONCLUIRON.
Ribadeo, 28 de novembro de 2012. O vindeiro venres haberá pleno extraordinario no Concello no que se abordará a situación na que se atopan as obras do pavillón polideportivo municipal. Éstas tiñan que estar rematadas o pasado mes de xullo e atópanse paralizadas. O pleno terá que pronunciarse sobre o inicio do expedente de resolución de contrato coa UTE que estaba a realizar esas obras por incumprimento de prazos.
O rexedor subliñou que “o asunto máis importante que se abordará nesa sesión será a situación na que se atopan as obras do pavillón polideportivo municipal, eses traballos que se están a executar con aportación íntegra da Deputación Provincial de Lugo. Ese edificio e esa infraestructura suporá un impulso moi importante de cara o deporte base de Ribadeo”.
Suárez Barcia explicou que “á vista dos continuos retrasos que se están a observar na execución das obras por parte da UTE que as realiza, desde o Concello xurídicamente víuse que das solucións é optar por iniciar o procedemento de resolución do contrato por incumprimento de prazos, sen entrar nos motivos da paralización, sen saber si obedecen a circunstancias económicas das empresas que forman esa UTE dada a situación económica actual, ou si é porque realmente se ven incapacitadas para rematalas por outros motivos. Pero diante da falla de resposta por parte desta UTE e xa que pasaron os prazos de entrega iniciamos dito procedemento”.
O alcalde de Ribadeo indicou que “o primeiro paso foi transmitirlle esta cuestión á Deputación Provincial de Lugo para asegurarnos que se transmitiran os fondos pendentes para a vindeiro ano 2013, dado que neste seríanos francamente difícil xustificalos e estes fondos son os que garantirán o remate das obras. Xa a Deputación nos deu unha resposta favorable. Tamén de todo isto lle demos conta á xunta de portavoces e á comisión informativa celebrada na tarde onte e agora o pleno pronunciarse sobre ese o inicio do expedente de resolución de contrato por incumprimento de prazos, dado que as obras debían estar rematadas en xullo de 2012 e en novembro aínda non concluiron”.
Relación de postos de traballo
Outro dos asuntos que se abordarán no pleno extraordinario do venres é a aprobación definitiva da RPT dos traballadores do Concello, “é dicir das normas que regulan as cualidades e o que teñen que facer os diferentes postos de traballo do Concello de Ribadeo. Este asunto sometéuse a aprobación inicial hai uns meses, houbo un período de exposición pública, algúns sindicatos e algúns traballadores a nivel individual presentaron alegacións, algunhas estimáronse e outras non, e agora trátase de que o pleno aprobe definitivamente esta valoración de postos de traballo”.
Fernando Suárez manifestou que “a RPT pretende adaptar os postos de traballo do Concello á realidade social que nos toca vivir e que persegue unha maior funcionalidade, que persegue unha maior adaptación ás capacidades dos traballos que se poidan facer no Concello, e que planee sobre todos e cada un deles unha maior versatilidade nas funcións de todos e todas. Co maior dos respectos a todos os traballadores e traballadoras, pero o goberno municipal ten que tentar optimizar ao máximo todos e cada un dos postos de traballo do Concello”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



