TEATRO, MÚSICA E RADIO CENTRARÁN A OITAVA EDICIÓN DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS UN FUTURO POR COMPARTIR EN IGUALDADE.
Ribadeo, 15 de novembro de 2012. O teatro, a música e a radio centrarán a oitava edición da campaña de sensibilización en igualdade nos centros educativos Un futuro por compartir en igualdade que organizan as Concellarías de Igualdade e Mocidade, o CIM e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadeo.
A edil Mariluz Álvarez Lastra sinalou que “entendíamos hai oito anos e seguimos a pensar agora que a mellor forma de atallar a violencia de xénero é con moita prevención. Os obxectivos e bases nas que se asenta Un futuro por compartir en igualdade son os mesmos, pero varían cada ano as formas de implementación da campaña e os métodos utilizados para dirixirnos ao alumnado. Imos facendo cambios e adaptándonos aos novos gustos e usos da sociedade”.
A concelleira de Igualdade subliñou que “quizáis este ano demos un xiro e centramos moito as actividades no aspecto teatral, na música e tamén na radio. Outros anos centrámonos nos guións cinematográficos e este anos quixemos poñer en valor outro medio de comunicación como é o caso das radios, que ao mellor para os alumnos e alumnas dos centros participantes son máis descoñecidos. É un xeito de recoñecer tamén a ese medio e de empregalo para difundir tamén as mensaxes e os traballos que se fagan e darlles a opción de participar dese medio”.
Para Álvarez Lastra “a satisfacción de poder grabar un programa de radio, de poder ir a uns estudios, de grabarse e de escoitarse é un xeito de probar algo novo, de probar este medio”. Os nenos de 2º e 3º de infantil disfrutarán de contos narrados e de participación activa como os que se están a desenvolver na biblioteca municipal durante os sábados do mes de novembro.
Os nenos e nenas de primaria traballarán o teatro con obradoiros dirixidos a alumnos de 4º, 5º e 6º. En total participarán neles 261 rapaces, que estarán coordinados por María Inés Cuadrado, actriz e narradora oral. Estas actividades desenvolveránse os días 19 e 20 de novembro. “Os profesionais que traemos ou ben temos referencia directas ou información previa para tentar garantir o éxito das actividades, explicou a concelleira de Igualdade.
Con alumnos de 3º e 4º de ESO participarán nun concerto acústico con Sés, Mª Xosé Silvar, “que xa tivemos a oportunidade a través doutro curso que se fixo en xuño de disfrutar dun concerto, de poder falar con ela e de ver a súa rama pedagóxica”. As charlas de Sés e o concerto que ofrecerá co seu guitarrista serán o día 23 de novembro entre as 10:30 e as 12:30 da mañá. A esta actividade acudirán 256 rapaces e rapazas de ESO.
A novidade deste ano Radiando igualdade, “trátase dun concurso de guións radiofónicos que deberán facer os alumnos e alumnas participantes. Terán un período de formación, outro de elaboración e despois chegará a posta en escea. O alumnado co apoio do profesorado e persoal técnico será o propio protagonista do deseño dun programa de radio. Elexirán o formato: tertulia, entrevista, informativo… e farán a montaxe de todo o programa, desde o guión ata a súa emisión en directo”.
Na oitava edición de Un futuro por compartir en igualdade participan os colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, o IES Dionisio Gamallo Fierros e o ciclo de FP Porta da Auga.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



