A CONCELLARÍA DE IGUALDADE ORGANIZA SESIÓNS PRÁCTICAS DE POSTA AO DÍA DIRIXIDAS ÁS PERSOAS QUE COIDAN DE FAMILIARES OU VECIÑOS OU QUE PODEN FACELO NO FUTURO. A ACTIVIDADE DENOMÍNASE POÑÉNDONOS AO DÍA NOS COIDADOS E TERÁ LUGAR EN RIBADEO OS DÍAS 11 E 13 DE DECEMBRO. XA EN XANEIRO TRASLADARASE ÁS PARROQUIAS.
Ribadeo, 30 de novembro de 2012. A Concellaría de Igualdade organiza sesións prácticas de posta ao día dirixidas a homes e mulleres que coidan ou que o farán no futuro a familiares ou veciños/as. A actividade, que se denomina Poñéndonos ao día nos coidados, terá lugar os días 11 e 13 de decembro.
Desde Igualdade explican que “ao longo da nosa vida, nos vemos en moitas ocasións tendo que coidar ás persoas do noso entorno, familiares, veciños/as… debido a calquera tipo de circunstancia, enfermidade ou accidente que emerxen en calquera momento. Habitualmente debido aos roles preestablecidos e á desigualdade entre mulleres e homes imperante na sociedade actual son as mulleres as que asumen as tarefas de coidados nestes casos circunstanciais e no día a día no que atinxe aos coidados básicos (crianzas, maiores …). Por iso, desde a Concellaría de Igualdade estamos a organizar unhas sesións prácticas de posta ao día dirixidas a mulleres e homes que xa coidan ou poden coidar nun futuro e lles interese o tema”.
Os obxectivos desta actividade son reforzar os coñecementos e habilidades que teñen as persoas que coidan de maneira informal (sen cobrar) sobre temas básicos do coidado e compartir experiencias. O destinatario da actividade é a poboación en xeral “que xa coidan ou que poden coidar nun futuro e lles interesa o tema. A cuestión é que casi todo o mundo, nalgún momento da vida vai coidar doutra/as persoa/as polo que precisaremos dalgún coñecemento sobre coidados básicos”.
Os temas que se abordarán son: o fomento da autonomía, hixiene, alimentación, movilización e prevención de úlceras, entre outros.
A Concellaría de Igualdade conta coa colaboración do persoal do Centro de Sáude de Ribadeo. A enfermeira Dolores García Docobo será a encargada de impartir estas sesións prácticas. Serán dúas sesións de unha hora e media cada unha.
En Ribadeo fáranse o martes 11 de decembro e o xoves 13 de decembro en horario de 17.30 horas a 19.00 horas na Casa do Mar (Aula fogar). Os/as interesados/as poden anotarse chamando ao 982 120 739 / 982 120 808, ou escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org. Estas sesión desenvolveránse a partires do vindeiro mes de xaneiro nalgunhas parroquias de Ribadeo.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



