O Concello entrega os cheques das axudas de libros e material escolar a 23 familias destinando un total de 2.300 euros
-O número de alumnos beneficiarios sitúase nos 25, xa que hai casos de dúas solicitudes por familia
Cervo, 16 de novembro de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Educación, Pilar Armada fixeron hoxe entrega dos cheques das axudas de libros e material escolar para alumnos de educación infantil, que foron concedidas para 25 escolares e cun importe total de 2.300 euros. En concreto, foron 23 as familias beneficiarias, xa que houbo dous casos nos que unha mesma unidade familiar solicitou dúas axudas, unha para cada fillo. Lembrar que a subvención outórgase por cada alumno.
As subvencións cobren os gastos asumidos polas familias para adquirir os libros e o material necesario para afrontar o curso 2012-2013 ata un máximo de 130 euros por neno ou nena. Deste xeito, a contía total que asume o Concello está repartida entre cada unidade familiar segundo os gastos xustificados por cada unha.
Para optar a esta subvención era necesario que o neno ou nena estivera escolarizado en segundo ciclo de educación infantil nalgún centro educativo público do municipio e que a unidade familiar non superara os ingresos máximos establecidos nas bases.
Esta é unha das múltiples liñas de axuda dispostas polo goberno local no eido educativo e sufragadas ao 100% con fondos municipais. “As subvencións ás entidades educativas ou as axudas ao transporte escolar son outras das achegas previstas e que veñen sendo habituais nos últimos anos como unha forma de contribuír na igualdade de condicións e na mellora da calidade educativa” explica Armada. A edil asegura que con esta axuda para o material escolar e libros “preténdese aliviar o gasto que supón o comezo dun novo curso para a economía familiar”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



