
No Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela estanse a vulnerar os dereitos das pacientes embarazadas
No Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela estanse a vulnerar os dereitos das pacientes embarazadas. Os xinecólogos e xinecólogas, que son as persoas responsábeis de realizaren as probas prenatais (ecografías, basicamente), non están a informar dos problemas ou malformacións que detectan no feto. En calquera actuación sanitaria tal como se recolle na Lei 41/2002 do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica (BOE núm. 274, do 15-11-2002) debe garantirse o dereito de información sanitaria:
Artigo 4. Dereito á información asistencial.
1. Os pacientes teñen dereito a coñecer, con motivo de calquera actuación no ámbito da súa saúde, toda a información dispoñible sobre ela, salvando os supostos exceptuados pola lei. Ademais, toda persoa ten dereito a que se respecte a súa vontade de non ser informada. A información, que como regra xeral se proporcionará verbalmente deixando constancia na historia clínica, comprende, como mínimo, a finalidade e a natureza de cada intervención, os seus riscos e as súas consecuencias.
2. A información clínica forma parte de tódalas actuacións asistenciais, será verdadeira, comunicaráselle ó paciente de forma comprensible e adecuada ás súas necesidades e axudaralle a tomar decisións de acordo coa súa propia e libre vontade.
3. O médico responsable do paciente garántelle o cumprimento do seu dereito á información. Os profesionais que o atendan durante o proceso asistencial ou lle apliquen unha técnica ou un procedemento concreto tamén serán responsables de informalo.
No Hospital da Costa no Servizo de Obstetricia non se dá información completa ou esa información non é correcta, os médicos/as, profesionais nos que depositamos toda a confianza nun momento tan especial da nosa vida, fan as probas, din que todo está ben aínda que haxa problemas graves. Isto está a traer como consecuencia inclusive problemas graves nas mulleres embarazadas. Son moitos os casos nos que xa na ecografía da semana 12 se detectan malformacións graves no feto e desde o hospital non informan á paciente. Nalgúns casos mandan realizar probas que non teñen nada que ver co problema para que vaia pasando o tempo e así pasar das 22 semanas que son as que a lei permite para a interrupción do embarazo no caso de malformacións graves no feto.
A falta de información leva a que non se poida tomar unha decisión libremente e ademais ao pensaren as mulleres embarazadas que o embarazo vai ben pasa o tempo e cando xa é evidente que o embarazo non pode chegar a término desde o hospital non asumen responsabilidades nin dan solucións e abandónante e nestas situacións tan difíciles debes facer fronte ademais a uns gastos económicos que supón acudir a clínicas privadas. Neste sentido o Servizo Galego de Saúde, Sergas, non está a garantir a asistencia sanitaria pois polas ideas persoais duns/dunhas profesionais dun servizo determinado obrigan a acudir a médicos/as que exercen o seu traballo en consultas privadas.
Denunciamos que desde o Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa se están a vulnerar os dereitos das pacientes á información veraz e a exercer o seu dereito ao aborto dentro do establecido pola lei. O Sergas debe garantir a asistencia e o dereito á saúde e neste servizo no caso da Mariña non é así polo que debe actuar e tomar medidas para que non acontezan nunca máis estes posíbeis casos de neglixencia. O dereito a obxectar non debe entorpecer o dereito a unha sanidade onde as pacientes decidan, onde as mulleres poidan decidir en liberdade e con información.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



