GONZÁLEZ BARCIA E DIANA DURÁN FAN UN BALANCE MOI POSITIVO DO PRIMEIRO MES DE FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE DÍA PARA A PROTECCIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA FUNDACIÓN EU SON. E LEMBRAN QUE ESTE EQUIPAMENTO É COMARCAL. CALQUERA PERSOA QUE PRECISE UTILIZALAS DEBE DIRIXIRSE AOS SERVIZOS SOCIAIS DE REFERENCIA NO SEU CONCELLO.
Burela, 5 de novembro de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, fan un balance moi positivo do primeiro mes de funcionamento do centro de día para a protección das persoas con discapacidade intelectual da Fundación Eu Son. Éste foi un dos asuntos abordados na xuntanza do padroado celebrada este mediodía.
Barcia e Durán subliñaron que “este mes foi moi positivo tanto para os beneficiarios e usuarios de centro coma para os propios profesionais que traballan alí”. O centro de día da Fundación Eu Son funciona de 10 a 18 horas de luns a venres, conta con comedor e nas súas instalacións préstanse coidados persoais, atención individual e de saúde, programa psicosociais, rehabilitación menor e atención psicolóxica. No centro traballan: un psicólogo, un terapeuta ocupacional, un técnico de integración social, un fisioterapeuta, unha educadora e coidadores. Diana Duran indica que “tamén conta cos profesionais que xa estaban no centro ocupacional da Fundación Eu Son: un mestre en audición e linguaxe e os monitores dos obradoiros de cerámica e de elaboración de nasas”. O obradoiro de cerámica recibía hai uns meses o recoñecemento de Artesanía de Galicia por parte da Xunta.
O rexedor e a responsable de Servizos Sociais, presidente e vocal do padroado da Fundación Eu Son, aseguraron que “na actualidade o centro de día conta con seis usuarios, que son de Burela. Hai que lembrar que este equipamento é comarcal e que calquera persoa doutro concello que precise da súa utilización o único que ten facer é comunicarllo ao seus servizos sociais de referencia. Temos dúas persoas máis que solicitaron información sobre o funcionamento do centro. A forma de acceso pode ser privada ou a través do sistema de dependencia da Xunta de Galicia”.
Diana Durán dixo que “por parte do quipo de goberno o que pretendemos foi equiparar económicamente o centro de día co centro ocupacional que leva 15 anos funcionando e así se fixo”. A concelleira de Servizos Sociais e o alcalde engadiron que “para nós os servizos sociais son prioritarios, tal e como estamos demostrando con feitos desde que chegamos ao Concello. O centro de día da Fundación Eu Son leva un mes funcionando, grazas ás xestións que realizamos desde o equipo de goberno”.
Outros dos asuntos abordados na xuntanza do padroado da Fundación Eu Son foron as subvencións solicitadas durante o presente ano 2012 e o certificado de calidade ISO 9001 para o centro ocupacional”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



