O alcalde comprometeuse no pasado verán ao inicio destes contactos
O PP local pediralle en pleno ao alcalde mindoniense que dea conta das posibles xestións emprendidas cos propietarios dos terreos en torno á Igrexa de Santiago para a ubicación dun futuro aparcadoiro
Tras que o PP informara en agosto ao alcalde sobre a predisposición dos propietarios á venda dos terreos, os populares non tiveron coñecemento sobre as xestións emprendidas, polo que lle piden explicacións inmediatas ao rexedor
Candia esíxelle ao rexedor local que non escatime en esforzos na procura dunha solución definitiva para o problema de estacionamento de vehículos en Mondoñedo
O PP local insiste en que a ubicación é idónea e merece un esforzo na xestión por parte do equipo de goberno
Os populares, dentro do traballo continuo de buscar solucións aos problemas de tráfico na cidade, averiguaron no seu momento, que os propietarios teñen predisposición de enaxenar os terreos
Mondoñedo, 24 de novembro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo, pediralle no próximo pleno local ao alcalde do municipio explicacións sobre as xestións que se comprometeu a iniciar cos propietarios dos terreos a venda, no entorno da Igrexa de Santiago, en pleno casco histórico do municipio, para destinalos a aparcadoiro e cubrir unha carencia de gran demanda para a localidade.
A portavoz do PP local, Elena Candia, esixiralle a Orlando González que dea conta dos contactos que establecera, tendo en conta que asumiu este compromiso en pleno tras unha moción rexistrada polos populares e debatida no pasado verán, na que lle solicitaban ao goberno local que de inmediato iniciara as xestións oportunas.
Ao non ter coñecemento sobre os contactos establecidos, logo de que o PP no mes de agosto indicara ao alcalde sobre a intención de venda dos terreos por parte dos donos, e tendo en conta a necesidade de solventar a problemática de falta de aparcadoiro na localidade, o PP local instará de novo ao responsable municipal a que dea explicacións sobre este tema.
Elena Candia recorda que o seu grupo, dentro do traballo continuo de buscar solucións ao problema do tráfico, averiguara que os propietarios teñen intención de enaxenar os terreos, podendo materializar así unha reivindicación histórica, polo que lle pide a Orlando González a maior responsabilidade posible no tratamento deste asunto.
Candia esixe que non se escatimen esforzos para lograr un resultado exitoso, xa que esta alternativa de aparcadoiro e idónea e infinitamente mellor. A dotación dun aparcadoiro en pleno casco histórico conlevaría zanxar definitivamente cos problemas para estacionar na localidade. A dotación dunha zona de aparcadoiros na localidade podería ser o catalizador para fomentar o tecido comercial na localidade e incentivar o turismo.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



