O traballo parlamentario en comisión representa entre o oitenta e noventa porcento da actividade da Cámara lexislativa galega
BALSEIRO FORMARÁ PARTE DA DEPUTACIÓN PERMANENTE DO PARLAMENTO DE GALICIA E DAS COMISIÓNS DE PESCA, PETICIÓNS E REGULAMENTO
O deputado popular foi elixido tamén como vicepresidente da Comisión de Pesca e Marisqueo.
Santiago 29 de xullo de 2012.- Jose Manuel Balseiro Orol formará parte da Deputación Permanente e das Comisións de Pesca e Marisqueo, de Peticións e de Regulamento do Parlamento de Galicia logo de que durante a tarde de onte se contemplara o trámite de constitución e elección da totalidade das comisións das que consta a Cámara lexislativa galega.
A adscrición do parlamentario popular á Deputación Permanente implica que manterá a súa condición de deputado ata que finalice a lexislatura, a diferencia dos que non forman parte deste órgano que perden a súa condición de parlamentarios xusto no momento no que se convocan novas eleccións. A Deputación permanente é o órgano que se reúne cando esta expirado o mandato parlamentario, cando o Parlamento estea disolto ou non cando non está reunido por vacacións ou por calquera outra causa de forza maior.
As Comisións das que forma parte Balseiro teñen distintas funcións segundo a materia da que se trate: A de Regulamento, que ditamina a proposta de Regulamento do Parlamento e as reformas que se lle formulen a este; a de Peticións, examinará cada petición individual ou colectiva que reciba o Parlamento de Galicia, para lle remitir a quen corresponda: Valedor do Pobo, Defensor do Pobo, Cortes Xerais, Goberno, tribunais, Ministerio Fiscal ou Comunidade Autónoma, Deputación ou Concello pertinentes; finalmente a de Pesca e Marisqueo trata asuntos relacionados coa xestión do Goberno galego no ámbito da Consellería do Mar. Por certo que, trala votación dos seus deputados Balseiro tamén foi elixido como vicepresidente deste órgano.
O 80-90% DO TRABALLO PARLAMENTARIO
O traballo parlamentario en comisión representa entre o oitenta e noventa porcento da actividade do Parlamento de Galicia. As comisións están compostas por 12 deputados (7 representantes do Grupo Popular, 3 do Grupo Socialista, 1 de AGE e outro do BNG) e están divididas por materias (agricultura, pesca, comercio, sanidade, industria, cultura, educación, pesca). Estas comisións especializdas que se reunen moi periodicamente teñen como misión fundamental preparar o traballo lexislativo e facer preguntas, propoñer iniciativas ou controlar a acción do Goberno.
Hai que diferenciar as Comisións que se reunen de xeito periódico do Pleno do Parlamento de Galicia, que o fai cada 15, no que se debaten en última e definitiva instancia as leis e algunhas preguntas de control ao goberno máis relevantes, e que está constituído por todos os deputados e deputadas.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



