Logo de que onte se retirasen as casetas de obra e unha pala grande
O Goberno do Señor Besteiro reforza as afirmacións dos populares e mostra, unha vez máis, que actúa anclado na mentira
. Os populares instan a Deputación e o goberno municipal a que se poñan a traballar sen enganar aos riotortenses e insisten en que os cidadáns non queren fotos nin palabrería, senón unha boa xestión e infraestructuras en boas condicións para dar un bo servizo.
Riotorto 22 de novembro de 2012.- Indignado e enfadado o presidente do PP en Riotorto, Clemente Iglesias, tachou de indignante, inmoral e vergoñento o Equipo de Goberno da Deputación de Lugo por mentir e enganar aos riotortenses no tocante a estrada Riotorto- Marco de Alvare.
“Fai unhas semanas, a Voceira do PP na Deputación, o edil Manuel Rivas e eu, visitábamos a estrada Riotorto- Marco de Alvare. In situ, os tres comprobamos como a Deputación de Lugo tiña paralizadas as obras da estrada Riotorto- Marco de Alvare. Uns días despois de denunciar a paralización destas construccións, o Goberno do Señor Besteiro negou que as construccións estivese paradas” manifesta Iglesias, quen engade que “a tomadura de pelo” elévase ao máximo cando xustamente, onte, se retiran as casetas de obra onde a empresa constructora tiña a oficina, o vestuario dos obreiros e unha pala grande”.
Insiste o Presidente do PP de Riotorto que dende o primeiro momento o seu partido sabía, e por iso así o denunciou, que na estrada non había actividade.
“Sabíamos, e así o denunciamos, que as obras da estrada Riotorto-Marco de Alvare estaban paralizadas, o Equipo de Goberno negouno e agora retira as casetas e unha pala”, afirma Clemente Iglesias, quen engade que os populares non se equivocaban nas súas declaracións e insisten en que estas obras iniciáronse antes dun proceso electoral para enganar aos veciños, facéndolles ver que existía boa xestión e que se desenvolvían obras, pero unha vez pasados os comicios electorais, paralizánse unha e outra vez.
Os populares piden explicacións inmediatas, tanto a Deputación como ao Goberno municipal, para que den conta desta nova paralización e deixen dunha vez por todas de mentir e de enganar aos veciños e insisten en que os veciños de Riotorto non queren palabrería nin fotos, senón que queren o arranxo deste vial para poder disfrutar cando antes desta infraestructura tan necesaria para toda a poboación.
O grupo municipal do PP solicita tamén o equipo de goberno municipal de Riotorto que igual que fixeron coa problemática de Caixa Galicia, que formen unha comisón veciñal para demandar a Deputación Provincial a realización inmediata desta infraestructura prioritaria para o noso pobo. Con esta situación demostrase a deixadez e a mala xestión do alcalde nacionalista, que non defende nin mira polos intereses dos veciños de Riotorto.