A decisión foi comunicada esta mañá a ambos parlamentarios polo presidente do grupo, Alberto Núñez Feijóo, unha vez escoitadas as opinións dos deputados populares
O GRUPO POPULAR PROPORÁ A MIGUEL SANTALICES E JOSÉ MANUEL BALSEIRO PARA A VICEPRESIDENCIA E A SECRETARÍA DA MESA DO PARLAMENTO
Santiago, 14 de novembro de 2012.- O Grupo Parlamentario Popular proporá e apoiará aos deputados Miguel Santalices Vieira e José Manuel Balseiro Orol para ocupar os cargos de vicepresidente primeiro e secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, respectivamente.
Esta decisión foi comunicada esta mañá a ambos parlamentarios polo presidente do Grupo Parlamentario, Alberto Núñez Feijóo, unha vez escoitadas as opinións dos deputados electos do Partido Popular.
MIGUEL SANTALICES
Natural de Bande (Ourense), Miguel Santalices é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xerencia Hospitalaria, en Dirección Médica Hospitalaria e en Sanidade. Ademais, conta cun máster en Saúde Pública pola Universidade de Santiago e do diploma de directivo da Xunta de Galicia, ao tempo que é funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia.
Santalices foi inspector médico de área, director de ambulatorios na área de Vigo, asesor técnico da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e director-xerente do Complexo Hospitalario de Vigo, do Complexo Hospitalario de Ourense e do Psiquiátrico de Toén.
Deputado no Parlamento de Galicia desde a V lexislatura, Miguel Santalices foi vicepresidente da Cámara na V e VIII lexislaturas, presidente e membros de diversas comisións parlamentarias, así como portavoz do Grupo Popular en materia de Sanidade e Emigración. Precisamente, no día de onte recolleu en Madrid o premio Top 10 ao parlamentario autonómico máis relevante, outorgado polos lectores do diario dixital Redacción Médica.
JOSÉ MANUEL BALSEIRO
Pola súa banda, José Manuel Balseiro Orol é natural de Ferreira de Valadouro (Lugo) e traballou como director comercial e coordinador do equipo de vendas dunha empresa privada. Desde o ano 1999 exerce de primeiro tenente de Alcalde no Concello de Cervo e responsable da portavocía do Grupo Popular neste municipio lucense.
Deputado no Parlamento de Galicia desde 2005, durante a VII lexislatura foi voceiro de Pesca do Grupo Popular e membro da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e da Comisión do Regulamento. Durante a pasada lexislatura, foi secretario da Mesa do Parlamento e portavoz de Mar do Grupo Popular.
————-
Primeiros nomeamentos de Núñez Feijóo para a lexislatura 2012-2016
O MARIÑÁN JOSE MANUEL BALSEIRO VOLVE A SER PROPOSTO COMO SECRETARIO DA MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA
O deputado lucense dixo hoxe estar “moi satisfeito e orgulloso” despois de coñecer a proposta do seu nomeamento, e, por iso, agradeceu a “confianza” do presidente Alberto Núñez Feijóo e do conxunto dos seus compañeiros.
Santiago, 14 de novembro de 2012.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comunicou esta mesma mañá ao deputado electo por Lugo Jose Manuel Balseiro Orol que volverá a ser proposto como Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, unha responsabilidade que ostentará ao longo da nova lexislatura e que xa desenvolveu nos pasados catro anos.
Alberto Núñez Feijóo adoptou a devandita decisión, unha vez escoitados oralmente e por escrito, as opinións dos deputados electos populares, aos presidentes provinciais e ao secretario xeral do partido. Ao mesmo tempo a designación do deputado popular para esta responsabilidade -a terceira institución en importancia da autonomía- supón unha mostra do apoio e de confianza do líder dos populares galegos nas tarefas desenvolvidas ata o momento por Jose Manuel Balseiro
ELECCIÓN O VENRES 16 DE NOVEMBRO
Con estes primeiros nomeamentos queda pechada a proposta da Mesa do Grupo Parlamentario Popular que será votada, o vindeiro venres 16 de novembro, na sesión constitutiva da Cámara galega. A vicepresidencia recairá no deputado Miguel Santalices e a secretaría corresponderá a Jose Manuel Balseiro
AGRADECEMENTO
José Manuel Balseiro dixo hoxe estar “moi satisfeito e orgulloso” despois de coñecer a proposta do seu nomeamento, e, por iso, agradeceu a “confianza” do presidente Alberto Núñez Feijóo e do conxunto dos seus compañeiros.
Ademais, Balseiro expresou a súa intención de traballar arreo na defensa dos intereses de Galicia e o seu desexo de estar “á altura das circunstancias”.
Con todo, expuxo que primeiro terá que tomar posesión para, posteriormente, poñerse “a disposición” dos integrantes da Mesa do Parlamento, e do resto dos seus compañeiros no órgano rector da Cámara galega.
DEPUTADO DA MARIÑA LUCENSE
Jose Manuel Balseiro naceu en Ferreira de Valadouro, en 1962 e na actualidade reside en Cervo, onde ostenta o posto de Primeiro Tenente de Alcalde desde 1999 e a responsable da portavocía do PP en Cervo, funcións que compaxina coas de deputado e polas que non percibe ningún tipo de remuneración económica polo Concello
Forma parte da Executiva popular galega, do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e é Secretario Xeral do PP de Lugo
Balseiro é deputado no Parlamento de Galicia dende 2005 e nas dúas últimas lexislaturas foi Voceiro do Mar do Grupo Popular, membro da Deputación permanente e da Comisión do Regulamento.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



