Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela e despois de manter unha xuntanza no día de onte onde se analizou o “sablazo” que o equipo de goberno de Burela lle da ós nosos veciños coa subida de impostos, e tralas queixas que estamos a recibir dos propios veciños, queremos manifestar:
1º.- Que unha vez máis o alcalde de Burela e o seu equipo de goberno demostran a falla de sensibilidade que ten con todos aqueles veciños ós que lles custa chegar a fin de mes cunha subida xeralizada de impostos que dende o PSdG-PSOE vemos totalmente desproporcionada nos tempos que estamos a vivir. Unha subida de cerca dun 4% en moitos deles, que entendemos que fará que moitos veciños vaian a pasar verdadeiros dramas para poder pagar as súas facturas a fin de mes.
2º.- Esta subida de impostos non só afectará á maltreita economía familiar senón que tamén penalizan ós comerciantes e perxudican o turismo, así como a creación de novas empresas e negocios.
3º.- Dende o PSdG-PSOE tamén queremos criticar a falla de diálogo do equipo de goberno coa oposición neste asunto que lle complicará tanto a vida a moitos veciños, e non se dignara a sentarse a tratar este asunto para que a oposición puidera dar alternativas a este “sablazo” que o Sr. Barcia lle mete ós veciños de Burela. Dende o PSdG-PSOE entendemos que “o que máis ten, máis ten que pagar” e o alcalde tivo na súa man o poder subir as taxas con este criterio e non quixo, ou non lle interesou.
4º.- Tampouco podemos entender como o Sr. Barcia no Plan de Axuste que lle remite ó Ministerio de Facenda, indica subidas de taxas dun 2%, e á hora da verdade duplica estas subidas. Entendemos que o Sr. Barcia debería de explicarlle isto ós veciños de Burela.
5º.- Dende o PSdG-PSOE de Burela solicitámoslle ó Sr. Barcia, que ante a falla de traballo e de xestión que demostra día tras día este equipo de goberno, e ante a incapacidade de traer inversións e servizos para o noso pobo, o que debería de facer o Sr. Barcia e sacar algunha das adicacións exclusivas, recortar en soldos, dietas e gastos varios (comilonas e pincheos) que nos costa ós veciños de Burela máis de 120.000 euros (20.000.000 das antigas pesetas ó ano) e deixar respirar ós veciños que bastante teñen con chegar a fin de mes.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



