Quiroga.: Mar, Carolina, Alba, Isabel, Samanta. Tamen xogaron.: Sabela, Carmen, Paula, Estefania e Dalia.
Viveiro.: Diandra, Rocio, Xiana, María Balsa e Nerea. Tamén xogaron.: Andrea, Conchi, María Insua, Goretti
Arbitro.: David Gonzalez
Goles.: Isabel e Alba
O encontro comezou unha hora mais tarde do previsto xa que o equipo arbitral non se personou no pavillón de Quiroga ata un pouco antes das 20:00 h., debido, polo que parece, a un mal entendido coa comunicación de horario entre o FSF Quiroga e a Federación Lucense.
O Viveiro FSF xogou un dos seus mellores encontros desta tempada e adaptaouse rapidamente ao estado esvaradío de pista, controlando a posesión do balón e chegando con claridade a meta defendida por Mar, que foi a xogadora mais destacada do cadro locatario.
O Quiroga creaba perigo coas suas contras, e foi nunha destas, tras un tiro ao pao do Viveiro, que se adiantaron no marcador mediada a primeria metade. Este gol fixo que as xogadoras do Viveiro perderan durante uns intres o control do partido e encaixaran o segundo gol antes de marcharse cara os vestiarios.
A segunda metade o Viveiro saiu decidido a darle a volta ao marcador y adiantou as súas liñas e gozou de numerosas ocasións de gol, que as veces os paos, outras as intervencións da porteria ou a falta definición, fixeron que non lograran marcar e recurtar distancias, chegándose ao final do partido con mesmo 2-0 que o marcador reflexaba ao descanso.
Destacar a actitude das xóvenes xogadoras viveirenses que en ningún intre deixaron de pelexar por sacar algo positivo da difícil pista do Quiroga, e que, dende logo, por ocasións e entrega, si que o houberan merecido.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
