Este luns 19 de novembro foi recibido e acollido polo Director, Santiago J. Pérez e pola Vicedirectora, Karina Parga, un grupo de 4 rapaces e rapazas alemáns acompañados pola súa monitora, Luisa Huiguera, como parte dun programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer! entre o centro de ensinanza “IES Perdouro” de Burela e Centro de Capacitación Profesional “Berufsbildungszentrum” (BBZ) de Augsburgo. Logo da recepción de benvida no centro, os aprendices visitaron algún dos puntos de interese de Burela e achegáronse ata a fábrica de Sargadelos onde observaron o proceso de elaboración das pezas de cerámica. Os participantes neste proxecto de formación realizarán prácticas en empresas da localidade.
Sarah, Patricia, Sasha e Stefan son 4 rapazas e rapaces alemáns que chegaron este sábado 17 de novembro a Burela co próposito de realizar as súas prácticas en empresas da localidade no sector da informática (APP), electrónica (TECNAV), deseño gráfico (ARFE) e hostelería (KIKO). O martes empezarán a súa formación nas empresas colaboradoras ata o 13 de decembro coa ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais.
Karina Parga, Vicedirectora do IES Perdouro e encargada do Proxectos Europeos, explica que se trata dun proxecto piloto alemán cuxa finalidade é incrementar as oportunidades de estudos da xuventude. Este proxecto transnacional está respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e polo Fondo Social Europeo. A Vicedirectora sinala que xa leva 3 anos traballando co Centro de Capacitación Profesional Berufsbildungszentrum (BBZ) de Augsburgo, Alemaña e que acaban de asinar o mes pasado unha prórroga dun ano máis. O convenio entre o IES Perdouro e a BBZ enmárcase no proxecto IdA EXPLORER! para fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. O IES Perdouro forma parte deste proxecto xunto a 5 entidades sociais de Italia, Austria, Hungría, Polonia e Alemaña.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



