(Centro Social de SUMOAS – Sábado, 1 de decembro 2012)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS ( 1 DECEMBRO 2012) 31 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 238 | 12 |
SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 232 | 10 |
TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 228 | 8 |
CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 205 | 7 |
QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 204 | 6 |
SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 201 | 5 |
SÉTIMO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 198 | 4 |
OITAVO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 192 | 3 |
NOVENO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 181 | 2 |
DÉCIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 178 | 1 |
MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 85 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ | 108 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 80 | 4 |
TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 3 |
CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 60 | 2 |
QUINTO | 1 | ||
MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 44 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 83 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 63 | 4 |
TERCEIRO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 30 | 3 |
CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 27 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 27 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 37 | 1 |
Última tirada da primeira volta, ousexa, vai metade da competición, xa que se realizaron 9 das 18 tiradas previstas para esta temporada.
Tarde fria e húmida. Campo en malas condicións debido as intensas choivas tanto do venres coma do sábado. Debido a isto, os tanteos foron bastante baixos, en especial nas Ligas Sub 16 e Senior Feminina, con bastantes cucadas.
Liga Senior Masculina.- Chegado ao ecuador da competición, cada vez está máis igualada a cabeza. Arturo Vigo é campión de inverno grazas aos puntos do terceiro posto, desfacendo o empate con J. Rafael González, quen só puido ser quinto. Por detrais Carlos Javier Rodríguez con 59 puntos debidos á súa victoria, que lle permite relegar ao cuarto posto a Sócrates Campo, quen estivo bastante frouxo nas dúas últimas tiradas. En quinto lugar temos a César Cancelos con 54 puntos, cun xogo moi regular nas últimas tiradas, o que lle permite amezar o 4º posto de Sócrates e codearse cos mellores. En resumo, a segunda volta, que vai comezar o vindeiro 15 de decembro na bolera do Centro Social de Lago, preséntase apaixoante, con todo por decidir, e un amplo grupo de 5 xogadores que pode aspirar absolutamente a todo.
Liga Senior Feminina.- Arreón da vixente campiona coa súa cuarta victoria consecutiva, o que sen dúbida está facendo mella nas súas inmediatas perseguidoras, especialmente en Belén Meitín, quen nas últimas tiradas está xogando por baixo das súas posibilidades, notando moito a presión. Polo tanto, líder sólida Carmen Roca con 42 puntos, seguida de Belén Meitín con 34. Rematada a primeira volta, cremos que para o primeiro posto van ser estas xogadoras as que pelexen polo mesmo. Terceira temos a Dolores Baño e Concepción Piñeiro con 22 e 19 puntos respectivamente; estas dúas xogadoras inda podrían loitar polo segundo posto, pero terán que espabilar moito. Por detrais temos a unha Paula Campo, a cal, na súa primeira participación nesta competición, vemos que mellora semana a semana.
Liga Sub 16.- Nova victoria de Daniel López, terceira consecutiva, aumentando a súa vantaxe sobre Salomé en 9 puntos, con 49 e 40 putnos respectivamente. Daniel está intratable nestes intres, con catro victorias e dous segundos postos nas 6 últimas tiradas, feito que está poñendo nervosa a Salomé, segunda clasificada e vencedora das dúas últimas edicións desta competición. Terceiro está Isaias Cardoso con 30 puntos, que parece contentarse con esta posición.
A vindeira tirada, e PRIMEIRA DA SEGUNDA VOLTA, vai ter lugar no Centro Social de Sumoas vindeiro SÁBADO 15 DE DECEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Normalmente a segunda volta comezábamola despois do Nadal, pero para facilitar as competicións do Club de Bolos Xove nos distintos torneos provinciais e autonómicos, decidimos adiantar unha semana a competición para rematala antes.