A Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela (AABB) lamenta que o Concello de Burela non se teña pronunciano sobre a proposta de Convenio de colaboración entre a propia AABB e o Concello, para “promoción da Banda de Música de Burela”. O anterior convenio, asinado en decembro de 2009 foi denunciado polo actual goberno municipal en outubro de 2011, suprimindo algún dos puntos do citado convenio, como o relativo á aportación económica que facía o Concello á AABB por importe de 6.000 €, e indicando na propia denuncia que se facía necesario “proceder á modificación do Convenio”.
A AABB, a petición do Concello, presentou unha proposta de Convenio en decembro de 2011. Esta proposta non implicaba aportación económica algunha por parte do Concello e presentábase como proposta de mínimos que podía ser asumida por ambas as partes. En outubro de 2012, un ano despois de que o Convenio de Colaboración fose denunciado, o Concello aínda non se tiña pronunciado sobre a nova proposta de convenio presentada. Por este motivo e co obxecto se coñecer o parecer do Concello, a AABB solicitou por escrito unha resposta que debía ser notificada nun prazo de 20 días hábiles, sen que esta solicitude fose atendida ata o día de hoxe.
Dado o silencio que mantén o Concello de Burela sobre esta cuestión, a AABB entende que non existe ningún interese en asinar a proposta de Convenio presentada ou directamente que non hai vontade de colaborar na promoción da Banda de Música de Burela. A AABB lamenta non saber os motivos deste silencio, mais afirma que seguirán a traballar pola Banda de Burela e que continuarán a programar actuacións ata onde cheguen as súas posibilidades. A AABB decidirá en Asemblea Xeral, a celebrar nas próximas semanas, que medidas adoptará para a viabilidade da Banda e adianta para xa as actuacións do Nadal.
A Banda de Música de Burela realizará dúas actuacións neste Nadal. A primeira delas terá lugar o próximo mércores, 26 de decembro, na Residencia dos Maiores de Burela, ás 17:00 horas. Nesta actuación a Banda de Burela interpretará pezas do repertorio popular: pasodres, xotas, boleros… Xa para finalizar as festas do Nadal e dar a entrada ao Ano Novo, a Banda dará o seu tradicional Concerto de Reis, que terá lugar o domingo, 6 de xaneiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela. Neste concerto interpretaranse obras de tipo sinfónico compostas orixinalmente para banda, así como pezas do repertorio galego para banda e algunha outra sorpresa.
Aproveitamos para convidar a todos os veciños e veciñas de Burela a este concerto tan especial para nós e desexarlles un moi “Bo Nadal e próspero e musical 2013!”



















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



