A CONCELLARÍA DE IGUALDADE ORGANIZA SESIÓNS PRÁCTICAS DE POSTA AO DÍA DIRIXIDAS ÁS PERSOAS QUE COIDAN DE FAMILIARES OU VECIÑOS OU QUE PODEN FACELO NO FUTURO. A ACTIVIDADE DENOMÍNASE POÑÉNDONOS AO DÍA NOS COIDADOS E TERÁ LUGAR EN RIBADEO OS DÍAS 11 E 13 DE DECEMBRO. XA EN XANEIRO TRASLADARASE ÁS PARROQUIAS.
Ribadeo, 30 de novembro de 2012. A Concellaría de Igualdade organiza sesións prácticas de posta ao día dirixidas a homes e mulleres que coidan ou que o farán no futuro a familiares ou veciños/as. A actividade, que se denomina Poñéndonos ao día nos coidados, terá lugar os días 11 e 13 de decembro.
Desde Igualdade explican que “ao longo da nosa vida, nos vemos en moitas ocasións tendo que coidar ás persoas do noso entorno, familiares, veciños/as… debido a calquera tipo de circunstancia, enfermidade ou accidente que emerxen en calquer momento. Habitualmente debido aos roles preestablecidos e á desigualdade entre mulleres e homes imperante na sociedade actual son as mulleres as que asumen as tarefas de coidados nestes casos circunstanciais e no día a día no que atinxe aos coidados básicos (crianzas, maiores …). Por iso, desde a Concellaría de Igualdade estamos a organizar unhas sesións prácticas de posta ao día dirixidas a mulleres e homes que xa coidan ou poden coidar nun futuro e lles interese o tema”.
Os obxectivos desta actividade son reforzar os coñecementos e habilidades que teñen as persoas que coidan de maneira informal (sen cobrar) sobre temas básicos do coidado e compartir experiencias. O destinatario da actividade é a poboación en xeral “que xa coidan ou que poden coidar nun futuro e lles interesa o tema. A cuestión é que casi todo o mundo, nalgún momento da vida vai coidar doutra/as persoa/as polo que precisaremos dalgún coñecemento sobre coidados básicos”.
Os temas que se abordarán son: o fomento da autonomía, hixiene, alimentación, movilización e prevención de úlceras, entre outros.
A Concellaría de Igualdade conta coa colaboración do persoal do Centro de Sáude de Ribadeo. A enfermeira Dolores García Docobo será a encargada de impartir estas sesións prácticas. Serán dúas sesións de unha hora e media cada unha.
En Ribadeo fáranse o martes 11 de decembro e o xoves 13 de decembro en horario de 17.30 horas a 19.00 horas na Casa do Mar (Aula fogar). Os/as interesados/as poden anotarse chamando ao 982 120 739 / 982 120 808, ou escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org. Estas sesión desenvolveránse a partires do vindeiro mes de xaneiro nalgunhas parroquias de Ribadeo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



