A EMMeD DE RIBADEO CELEBRA O SEU FESTIVAL DE NADAL O 15 DE DECEMBRO. NESA XORNADA REALIZARÁSE TAMÉN UNHA RECOLLIDA DE PRODUTOS TÍPICOS DESTAS FESTAS, QUE SERÁN ENTREGADOS Á CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS PARA QUE DISTRIBUIR ENTRE AS FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS DA VILA E DAS PARROQUIAS.
Ribadeo, 12 de decembro de 2012. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 15 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Por riba do escenario pasarán un total de once formacións integradas por arredor de trescentos alumnos e alumnas do centro.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos coma os valses, a música moderna ou as pezas do repertorio clásico. “O de Nadal é, xunto co fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, director da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado do festival de Nadal deste ano é a súa vertente solidaria. Ao longo dos vindeiros días e o propio sábado á entrada do concerto, a EMMeD de Ribadeo realizará unha recollida de produtos de Nadal (turróns, polvoróns, mazapáns…) para entregar ao departamento de Servizos Sociais do Concello co fin de que sexan distribuídos entre familias con escasos recursos da vila e das parroquias. Hugo García convida “a toda a comunidade educativa a que, na medida das súas posibilidades, faga unha pequena achega a esta recollida de alimentos pois cun pouco de cada un de nós podemos axudar a moitas persoas”.
O director da EMMeD de Ribadeo sinalou que “unha das apostas da EMMeD de Ribadeo é achegar durante todo o curso ao alumnado valores que vaian maís aló do estritamente musical, de aí a inclusión no currículum académico do centro de aspectos como a solidariedade, a igualdade entre mulleres e homes ou a loita contra a discriminación de todo tipo”.
A EMMeD de Ribadeo porá fin ao primeiro trimestre o vindeiro 22 de decembro e retomará as clases o 8 de xaneiro, aínda que durante as vacacións de Nadal se celebrarán diferentes obradoiros musicais e de danza.





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



