CIDADE DE LUGO 4 – VIVEIRO F.S.F 4
Cidade de Lugo.: Sheila, Carmen, Esther, Maria Jose, Cristina. Tamén xogaron.: Claudia, Carla y Silvia.
Viveiro F.S.S.: Diandra, Rocío, María Nerea y Xiana. Tamen xogaron: Conchi, Andrea y Raquel.
Arbitro.: González López Susana
Goles.: 1-0 Carmen; 2-0 Carmen; 2-1 Xiana; 2-2 Conchi; 3-2 María Jose; 4-2 Esther; 4-3 Nerea; 4-4 María.
Meritorio e traballado punto o acadado polo Viveiro FSF diante dun Cidade Lugo que viña de empatar co Friol e derrotar ao Quiroga a domicilio e se presentaba como claro favorito diante dun Viveiro FSF que viña de encadear catro derrotas consecutivas.
O Viveiro iniciou o encontró moi metido no partido, pese ao pouco tempo que dispuxo para quencer, debido a non poder dispor de vestiario ata escasos minutos antes da hora marcada para o inicio do encontró e ao frio reinante do pavillón do Palomar.
Os primeiros minutos foron de tanteo, onde o Viveiro tiña a posesión do balón ante un Cidade de Lugo que esperaba a media pista agardando robar para sair a contra con un xogo directo baseado na busca continúa do seu pivote e con escasa elaboración na súa primeira liña. Con este plantexamento o Viveiro dispuxo de varias ocasións para inagurar o marcador, pero a falla de tino diante da portería rival facía desesperar as xogadoras viveirenses que vían como unha e outra vez desperdiciaban ocasións, non so pola actuación da porteira rival, senon polos seus propios erros. Esta desesperación fixo que o Viveiro cometera erros nos pases na súa liña de elaboración e buscase accións precipitadas, o que foi aproveitado polo Cidade de Lugo para adiantarse no marcador e chegar ao final da primeira metade con ventaxe de 2-0.
No tempo de lecer o Viveiro correxiu os erros e adiantou a súa liña de presión o que permitiu a Xiana reducir distanciás nada mais comezar a segunda parte e pouco despois empatar o partido co gol de Conchi.
Esto fixo que o adestrador local tivese que solicitar un tempo morto, xa que as xogadoras capitalinas non sabían sair da presión que as xogadoras do Viveiro facían en primeira liña. A partires deste intre o Cidade de Lugo olvidouse prácticamente de combinar e buscaba un xogo directo para conectar coa súa pivot Esther, sen dúbida a súa mellor xogadora, o que lles permitiu volver a irse no marcador cun 4-2 a falla de escasos catro minutos, o que parecía condear ao Viveiro a unha nova derrota. Pero nun arreón final, e tirando mais de orgullo que de forza, debido ás escasas rotacións con que o Viveiro se presentou a este encontró, primeiro Nerea e despois María, conseguían un valioso empate.
O Vindeiro Sábado, en horario ainda por determinar, o Viveiro FSF recibe ao Sporting Rabadense
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
