O Centro de Innovación Social achega as novas tecnoloxías ós rapaces da provincia cunhas xornadas de portas abertas
– Trátase da campaña Educ@TIC, que pretende sensibilizar e promover a difusión e emprego das novas tecnoloxías implantadas e futuras así como a actividade do Centro de Innovación Social da Deputación de Lugo (CIS) entre os máis novos
-As actividades desenvolveranse o 14 e 15 de decembro de 16:00 a 20:30 horas nas instalacións do CIS, e consistirán en obradoiros de creación audiovisual, realidade aumentada ou imaxes 3D, así como na entrega de agasallos e diplomas
A Deputación de Lugo dá comezo mañá ás xornadas Educ@TIC, campaña totalmente gratuíta que persegue o obxectivo de potenciar as novas tecnoloxías implantadas e futuras entre os máis novos, así como dar difusión ás actividades desenvolvidas neste eido polo propio Centro de Innovación Social (CIS) posto en marcha pola Deputación de Lugo. Deste xeito, Educ@TIC persegue sensibilizar á mocidade lucense con respecto ás TIC mediante a experimentación directa coas mesmas, a través das actividades en grupo que se desenvolverán ó longo destes dous días.
As xornadas están dirixidas a nenos de 10 a 14 anos, xa que este é un tramo de idade moi sensible a captar os coñecementos adquiridos para incorporalos dun xeito natural ás súas aptitudes de cara ó futuro. Desenvolveranse os días 14 e 15 de decembro, en horario de 16:00 a 20:30 horas, e terán como escenarios as aulas do CIS –rúa Frei Plácido Rei Lemos, s/n-; unha carpa que quedará instalada na terraza superior do edificio e os xardíns que rodean a sede do Centro.
Actividades variadas e gratuítas
Para participar no Educ@TIC, só hai que achegarse ata as instalacións do Centro de Innovación Social da Deputación de Lugo, xa que a entrada é totalmente gratuíta e nin sequera é necesario inscribirse. As portas están abertas a todos os rapaces que queiran tomar parte nas actividades. Todos eles recibirán á entrada un folleto con información acerca das actividades das que poderán disfrutar no orde que eles prefiran. Neste mesmo folleto aparecerá un código Bidi -aplicación que permite acceder a contidos de todo tipo tan só con enfocar coa cámara de fotos dos móbiles de última xeración un pequeno sistema de puntos-, que posteriormente lles permitirá conseguir diferentes obsequios. As actividades programadas son as seguintes:
Audiovisual: os rapaces poderán optar entre gravar unha secuencia televisiva ou un programa de radio. Os nenos serán os protagonistas en ambos casos e os técnicos e monitores iranlles explicando en que consisten os avances tecnolóxicos na área audiovisual.
Emisión de reportaxes: trátase dun ciclo de reportaxes sobre os avances das novas tecnoloxías. Ó finalizar a emisión, os nenos asistentes poderán recibir premios coma lápices de memoria, camisetas, etc., empregando o código Bidi facilitado á entrada.
Realidade aumentada: consiste nunha exposición didáctica sobre a realidade aumentada- combinación de imaxes reais e virtuais en tempo real-, na que haberá una demostración da mesma. Os nenos terán á súa disposición ordenadores portátiles cunha aplicación instalada coa que comprobarán o funcionamento desta realidade aumentada.
Imaxes 3D: haberá carteles ilustrativos e demostracións en vivo. Para poder ver estas imaxes tridimensionais, os rapaces serán os encargados de confeccionar as súas propias gafas 3D.
Ó longo de toda a xornada e en cada unha destas actividades, os nenos participantes conseguirán unhas tarxetas de diferentes cores. Unha vez reunidas, recibirán como obsequio un pequena merenda coma despedida do día. Igualmente, ó peche da xornada, os rapaces obterán un diploma acreditativo de participación e aproveitamento das actividades.




















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



