O CONCELLO REALIZOU XA O ÚLTIMO TRÁMITE PARA QUE SE LEVE ADIANTE A CONSTRUCCIÓN DO EMISARIO DA NOVA DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS. SUÁREZ BARCIA DI QUE “AGORA TODO ESTÁ EN MANS DE AUGAS DE GALICIA PARA QUE O PROXECTO SE EXECUTE”.
Ribadeo, 14 de decembro de 2012. O Concello realizou xa o último trámite para que se leve adiante a construcción do emisario da nova depuradora de augas residuais. Segundo o alcalde, Fernando Suárez, “agora todo está en mans de Augas de Galicia para que o proxecto se execute”.
O rexedor sinalou que “con esta depuradora de augas residuais tan moderna e tan boa que temos en Ribadeo funcionando xa desde hai un ano e medio máis ou menos aínda que toda ela funciona ben na súa integridade fáltalle unha parte do proxecto por executar, que é precisamente o emisario. É unha condución que se interna varios centos de metros en mar aberto. Creo que por problemas entre Augas de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente isto non pode ir adiante”.
Suárez Barcia indicou que “finalmente hai unha serie de condicionantes por parte do Ministerio, que son aceptadas. Por parte do Concello de Ribadeo había un último trámite, que foi evacuado hai moi pouquiños días. Polo tanto agora xa está todo en mans de Augas de Galicia, é dicir da propia Xunta, para que se leve adiante dunha vez por todas este emisario, que para nada vai mellorar as condicións de vertido, que xa son ás que a día de hoxe están indo ao mar en moi boas condicións. Pero o emisario é por si nalgún momento hai unha rotura ou unha parálise na planta non vaia o vertido ao río de Vilaselán senón que se interne en mar aberto a moita distancia”.
Desde o goberno municipal entenden que “estas obras se executarán aló pola primavera, porque é cando se permite facer iso e hai que recordar que as obras terán un importe duns 600.000 euros, segundo figura no proxecto, dado que o emisario responde a tódolos parámetros da normativa máis moderna e polo tanto é unha inversión importante”.
O alcalde insistiu en que “no referido ao Concello de Ribadeo evacuamos que había pendentes nada máis que no lo requiriron e polo tanto agora queda o asunto en mans de Augas de Galicia para que o execute e esperemos que quede tan ben feito como a depuradora municipal de Ribadeo para a que o Concello expropiou os terreos e Augas de Galicia, a través do canon de saneamento, executou a depuradora coa que Ribadeo é punteiro con respecto a outros concellos da comarca, tanto galega como asturiana”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



