O EQUIPO DE GOBERNO BURELÉS PÍDELLE “RIGOR E SERIEDADE” Á OPOSICIÓN SOBRE A NOVA ESCOLA INFANTIL. FERNÁNDEZ VALLE AFIRMOU QUE “A VENDA DE SOLARES EN TORRENTES SÓ SE DESTINARÁ PARA SUFRAGAR A PARTE QUE NOS CORRESPONDE DA OBRA DA GARDERÍA” E LEMBROU QUE “TIVERON CATRO ANOS PARA FACER ALGO POLA NOVA GARDERÍA E XA SE VIRON OS RESULTADOS”.
Burela, 27 de decembro de 2012. O portavoz do equipo de goberno burelés, Manuel Fernández Valle, afirmou hoxe que “os grupos da oposición non teñen unha alternativa real para a gardería, e ademais están tentando enganar aos cidadáns sobre a venda de fincas en Torrentes para financiar a parte das obras que ten que pagar o Concello”.
Fernández Valle manifestou que “o PP ten as ideas claras: Burela precisa unha segunda escola infantil, porque hai demanda para a mesma a pesares do que di a oposición, e polo tanto nós estamos apostando por ela, asumindo os esforzos que hai que asumir e aproveitando o único marco legal que existe para poder construíla”.
O portavoz do Grupo Popular dixo que “os grupos da oposición están en contra de que o Concello financie parte da obra e de que aporte terreos para a nova escola infantil. Fixeron o mesmo coa actual escola infantil e a súa ampliación, fixeron o mesmo para a construción do Centro de Saúde, e tamén coa construción da Casa Consistorial e da Praza do Concello. Foi sempre a mesma cantinela, polo que de gobernar eles seguramente que a estas alturas non habería nin a actual gardería, nin o Centro de Saúde nin a Casa e a Praza do Concello”.
Manuel Fernández Valle indicou que “o único marco legal, e non hai outro, que existe para facer a nova escola infantil é o convenio que asinamos coa Xunta, e sobre ese marco legal é sobre o que hai que falar e sobre o que hai que negociar, pero sempre e en todo lugar despois de asinalo. Porque se non o asinamos perdemos o investimento da Xunta, e polo tanto quedámonos sen nova escola infantil”.
O portavoz popular engadiu que “o plantexamento do PSOE de adaptar a Praza de Abastos, onde se ubica Capitanía, para facer unha gardería, é unha idea descabellada que se descualifica por si sola xa que a configuración do edificio non se adapta ao uso pretendido, para nenos de 0 a 3 anos. E se tiñan tan claro que se podía facer na Casa do Mar, resulta que cando gobernou o bipartito tiveron catro anos para facer o que pensaban que había que facer pero non o fixeron, e se non o fixeron será por algo”.
No tocante á venda de fincas de Torrentes para financiar a construción da nova escola infantil, Fernández Valle sinalou que “o patrimonio municipal en solares está para o que está; tal e como di a lexislación vixente, para investir única e exclusivamente en patrimonio municipal do solo, é dicir, para obras, e non para festas e despilfarros. Polo tanto, venderanse fincas de Torrentes, propiedade ao cento por cento do Concello, única e exclusivamente para sufragar a parte das obras da nova escola infantil que lle corresponde abordar ao Concello, e para ningunha outra cousa máis. Non está previsto vender fincas de Torrentes para outro concepto que non sexa este”.
Polo tanto, o portavoz do equipo de goberno pediulle á oposición “algo máis de seriedade e rigor nestes temas; porque ao final resulta que cae antes un mentiroso ca un coxo. Non vale de nada dicir si e non ao mesmo tempo sen dar alternativas. Eles durante o bipartito tiveron catro anos para facer algo pola nova escola infantil e xa se ven os resultados, non fixeron nada. Agora que comezamos a andar, poñen pegas por todos os lados. Se investiran o millón cen mil euros que había en facturas sen pagar en obras, seguro que estaríamos falando doutras cousas, pero gastaron os cartos e non pagaron e por riba non fixeron obras”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



