Os populares valoran moi positivamente o acordo ratificado entre a Xunta e os axentes do sector lácteo para equilibrar a cadea de valor do leite
Os Deputados do PP de Lugo promoven unha batería de medidas de apoio dirixidas a devolver a sustentabilidade do sector leiteiro
· Balseiro explica que como non existe unha causa única que xere esta crise tamén teñen que ser múltiples as medidas propostas para combatela
· Propón corrixir prácticas como a venda a perdas, xerar maior liquidez axilizando as axudas conseguidas na UE ou ampliar a base territorial das explotacións e fomentar as Organizacións de Produtores Lácteos
Lugo, 11 de decembro de 2012.- Segundo explicou hoxe o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, as deputadas e deputados do PPdeLugo no Parlamento de Galicia veñen de promover unha batería de iniciativas que inclúen distintas medidas de apoio ao sector leiteiro, dirixidas todas elas a devolver a sustentabilidade a un sector que definen como fundamental e estratéxico dentro das actividades produtivas desta provincia.
Ao mesmo tempo os populares quixeron dar conta da súa valoración “moi positiva” logo da ratificación do acordo acadada a pasada semana entre a Xunta, sindicatos e INLAC polo que se evidencia un compromiso de todas as partes para que os gandeiros non se vexan obrigados a producir leite por debaixo dos custos de produción.
Balseiro dixo que no PP son plenamente conscientes do esforzo realizado polos gandeiros lucenses nos últimos anos por manter a competitividade e por saír adiante coa súa actividade. Por iso desde as administracións nas que teñen a responsabilidade de goberno e desde o propio partido están a adoptar toda unha serie de decisións estratéxicas dirixidas a reconducir con contundencia un problema –o do baixo prezo do leite- que pon nunha situación dificil ao sector lácteo galego, ao ver como se vendía o leite a un prezo máis baixo do que garante a sustentabilidade do sistema.
DETECTAR PRÁCTICAS ABUSIVAS
Balseiro explica que como non existe unha causa única que xere esta crise tamén teñen que ser múltiples as medidas propostas para combatela. Entre elas instan á Xunta a dar continuidade aos grupos de traballo que se constituirán entre produtores, industria e distribución que permitan desenvolver unha negociación periódica dos prezos do leite. Tamén pide que se comunique a situación existente no mercado lácteo aos servizos e tribunais en materia de competencia de cara a detectar e sancionar posibles prácticas abusivas na estrutura comercial do lácteo.
MAIOR LIQUIDEZ PARA AS EXPLOTACIÓNS
No tocante á acción do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os populares reclamarán o cumprimento estrito do acordo asinado entre produtores, comercializadores e transformadores para que o leite deixe de ser un produto de reclamo comercial, o artellamento dunha fórmula áxil para achegar as axudas conseguidas na UE para poder xerar liquidez nas explotacións e afrontar as débedas.
XERAR MAIOR VALOR ENGADIDO
Os populares tamén queren actuar na cadea de valor e nesa liña propoñen fomentar a estruturación das Organizacións de Produtores Lácteos, de forma coordinada e integrada coas estruturas organizativas previas do sector, de cara ao fortalecemento da posición negociadora da banda da produción láctea nos mercados, promovendo o seu dimensionamento autonómico e mesmo suprarexional e tamén fomentar a integración e estruturación dun proxecto galego de transformación de leite, pechando o ciclo de produción e transformación cara á creación de produtos elaborados e á diversificación para a produción de derivados lácteos que xeren maior valor engadido, consolidando unha industria transformadora láctea galega propia.
Moitos destes aspectos o que buscan é profundizar na procura de solucións obxectivo que xa deu un paso fundamental logo do acordo acadado entre produtores e industria a pasada fin de semana e que, segundo o PP, é o reflexo do compromiso que o presidente Feijóo alcanzou no seu debate de investidura, cando anunciou que abordaría o problema do sector lácteo de inmediato.
Ademais, os populares lucenses quixeron poñer en valor o compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que asegurou aos sindicatos agrarios que trasladaría persoalmente ao Goberno de España esta problemática, para que se lexislase en contra destas prácticas da venda a perdas. “Porque este non é só un problema de Lugo ou de Galicia, senón de todo o sector produtor en xeral.”















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



