O Partido Popular de Mondoñedo atende ás necesidades dos veciños do rural
O Partido Popular continuou onte en Oirán coa súa rolda de reunións de traballo coas asociacións de veciños do rural mindoniense
O veciños da parroquia de Oirán trasladáronlle ao PP a necesidade de restablecer o estado de vías logo do deterioro que sofren dada a actividade do sector madeireiro
Os residentes de Oirán tamén valoraron positivamente o traballo de limpeza e desbroce da maleza por parte da Xunta de Galicia, evitando así a presenza de incendios nunha zona fortemente castigada polo lume
A portavoz do PP local reiterou a súa dispoñibilidade a prol das necesidades do veciños e agradeceulles o respaldo electoral amosado nas últimas municipais, superior ao 55% dos votos validos emitidos
Mondoñedo, 11 de decembro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo continuou onte na parroquia de Oirán coas súas reunións de traballo coas asociacións de veciños do rural da localidade, co obxecto de tratar os temas de interese para os residentes na aldea.
Durante a xuntanza, segundo explica a portavoz do Partido Popular, Elena Candia, os veciños interesáronse pola adecuación de viais e pola limpeza da maleza. En concreto, os residentes en Oirán trasladáronlle ao Grupo Popular local a súa preocupación e a demanda por restablecer o bo estado en viais rurais, dado o estado de deterioro que sofren froito da actividade promovida polo sector madeireiro.
Así mesmo, os veciños da parroquia valoraron positivamente a actividade de desbroce e limpeza promovida pola Consellería do Medio Rural, por intermediación do Partido Popular local, que permitiu evitar a presenza de incendios nunha zona moi castigada polo lume e que conlevou a sensibilización dos veciños ante esta problemática.
Elena Candia reitiroulle aos veciños a súa dispoñibilidade durante un encontro no que tamén coñeceu a nova directiva da Asociación de Veciños. A popular agradece a asistencia a convocatoria do Partido Popular, ao tempo que tamén lles trasladou a súa gratitude pola amplo respaldo electoral que o PP recibiu nas últimas eleccións municipais, superior ao 55% dos votos validos emitidos na mesa.
Asesorar aos veciños e procurar un contacto directo coas asociacións do rural para ter coñecemento das súas necesidades é a liña de traballo que está a seguir o Partido Popular dende que deu comezo esta lexislatura. Neste senso, a portavoz do PP local reincidiu nesta pretensión de escoitar e atender ás demandas dos veciños no máximo posible e en función das súas posibilidade e responsabilidades municipais.
Unha actitude, segundo a popular, contraposta á do rexedor local, que está a abandonar ao rural da localidade, desatendendo as necesidades e preocupacións dos veciños.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



