Solidariedade Galega co pobo Saharauí na Mariña xa reuniu 12.513 quilos de prendas na campaña “Xa non che sirve, xa non che gusta … entón DÓNAA”
XA FALTA POUCO PARA OS 15.OOO!!!
Xa son 12.513 os kilos reunidos polo de agora polas familias pertencentes á Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui na Mariña que están realizando a campaña “Xa non che sirve, xa non che gusta … entón DÓNAA”, de recollida de roupa, calzado e outras prendas para coa sua venda mercar menciñas, alimentos e producto de primeira necesidade para os refuxiados saharauis.
Diariamente estamos recollendo por distintos lugares e tamén son moitas as persoas que o entregan directamente no colexio vello de Celeiro os luns, mércores e venres de 5 a 7 da tarde. Esto é debido ao esforzo e colaboración das ANPAs e dos centros educativos :CEIP Santa Rita de Galdo, IES Vilar Ponte, IES Maria Sarmiento, Colexio Landro, CEIP Pedrosa Latas, CEIP de Covas, CEIP Lois Tobío, CEI San Roque, CEIP de Xove, IES Illa de Sarón, CEIP de O Vicedo, CEIP de O Barqueiro, CEIP de Cervo, e outras entidades como a ACD Penalba Colectivo Chilindrín, a Asociación Galego-Cubana “Xulio Trigo” , o Club de Xubilados de Viveiro, e moitos outros colectivos e particulares, así coma diversas aportacións que nos chegan dende Burela, A Devesa, Xermade, Meira, A Pastoriza, Mosteiro, Roupar, Bares
Grazas, moitas grazas a todos os que fixeron a sua aportación, persoas de todalas idades, dende os máis pequenos da casa ata os máis maiores axudaron a que cada vez nos falte menos para acadar o noso obxetivo: lograr reunir 15.000 kilos!!!!
Grazas tamén a todas as personas que se encargaron da recollida e transporte do material, do seu almacenamento e pesado …. Persoas que adican o seu tempo e o seu esforzo a esta causa solidaria.