Os membros da Asociación Conde Santo de Lourenzá, reúnense dez anos despois para rememorar unha representación teatral que ensaiaron e amosaron ao público cando eran uns adolescentes. Repiten no elenco da popular peza teatral “Menciñeiro á forza”, case a totalidade dos actores que o fixeron no pasado. A función terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Lourenzá, o domingo, 30 de decembro, en dous pases, ás 17:30 e ás 21:00 h. Dende a Asociación Conde Santo e a Concellería de Cultura de Lourenzá animan á xente a acudir a pasar unha tarde teatral do máis divertida, e sobre todo, emotiva.
Teatro en Lourenzá