PULPIS ABRIRÁ O I TROFEO DE NADAL DE FÚTBOL SALA DE IMDECUM
>> A cita reunirá en Burela a unha vintena de equipos galegos entre benxamín e xuvenil, os días 28 e 29 de decembro
Venres, 21 de decembro. O adestrador da Selección de Uzbekistán de fútbol sala, José María Pazos ‘Pulpis’ (Lugo, 1974), abrirá o I Trofeo do Nadal Mariñán, o vindeiro xoves, 27 de decembro, en Burela. Baixo a lenda ‘Imdecum fomentando o fútbol sala na provincia’, a Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña organizará o devandito encontro de base, reunindo ademais a unha vintena de equipos galegos de base en competición, entre benxamín e xuvenil, os días 28 e 29.
A cita futbolística arrincará o xoves 27 coa xornada inaugural a cargo do seleccionador internacional Pulpis, cun relatorio no IES Monte Castelo (16.30 horas) aberto ao público e destinado especialmente a afeccionados/as e profesionais do deporte. Os pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo albergarán o apartado de competición, venres e sábado, para o que xa están confirmados equipos non só da comarca, como a EDM Cervo, Cidade de Viveiro e Burela FS Pescados Rubén, senón tamén de Sarria.
Esta non será a primeira vez que o técnico lugués visite a comarca mariñá. Pulpis xa compartiu a súa sabedoría co futuro do fútbol sala en 2007 e 2010 no Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS. José Mª. Pazos Méndez, seleccionador de Tailandia entre 2008 e 2011, é unha auténtica institución neste deporte. Na súa traxectoria española, figura o ascenso á División de Honra do Azkar Lugo (2001-02) e a dirección do Valencia Vijusa FS (2003-04) e Barcel Euro Puebla (2004-06), tamén na máxima categoría, ademais da Recopa de Europa co Lobelle de Santiago (2006-07); no estranxeiro, proclamouse campión da Copa de Croacia (2003-04), á fronte do MNK Orkan Zagreb. O técnico galego foi, tras o periplo do actual seleccionador de España, José Venancio López, en Guatemala, o segundo español en dirixir unha selección estranxeira.



















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
