Unifoz, si fai uns días censuramos a este goberno do PP de Foz pola súa desorganización e a falta de xestión co persoal do Plan de emprego, temos que facelo una vez máis por gobernar ao MARXEN DA LEI, como o demostra os seguintes feitos:
-O mantemento do ALUMEADO PÚBLICO está de forma irregular ,porque despois de rematar o período da concesión ao día de hoxe, aínda non se sacou a concurso dende fai máis de seis meses.
-O servizo de ATENCIÓN A DEPENDENTES está de forma irregular, porque despois de rematar o período de concesión ao día de hoxe , aínda non se sacou a concurso.
-O servizo de ESCOLAS DEPORTIVAS está de forma irregular, porque despois de rematar o período de concesión ao día de hoxe , aínda non se sacou a concurso.
– Despois de 18 meses de goberno popular en Foz, este goberno ten máis de medio cento de informes de reparos de intervención, que demostran que este Alcalde goberna ao seu entoxo e na absoluta ilegalidade.
Dende Unifoz, esiximos ao Sr Alcalde cumpra a lei, así como reduza gastos en festas, para centrar os esforzos económicos en traballar polo emprego e para atención aos servizos sociais.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



