Orzamentos 2013: A Xunta lamina o investimento en conservación e pretende silenciar aos grupos ecoloxistas
22 de xaneiro de 2012. Os orzamentos da Xunta para 2013, polo que atinxe aos investimentos en actuacións ambientais, afúndense un 62% con respeito aos orzamentos de 2009. Destacan especialmente os 0 (cero) euros que investirá en 2013 Xunta de Feijóo na loita contra o cambio climático, os 0€ adicados á erradicar as especies invasoras, 0€ tamén para as Axendas 21 Locais ou 0€ para educación ambiental. Xa nin falamos das axudas ás entidades ambientalistas, cuxo papel como axentes da participación pública e garantes da transparencia ambiental énos recoñecido en diversas Directivas e leis estatais e autonómicas. Non só pretenden calarnos adicando, como durante toda a era Feijóo, 0€ para actividades e funcionamento, senón que levan sen convocar os organismos consultivos (Consello Galego de Medio Ambiente e Observatorio Galego da Biodiversidade) nos que temos representación meses, incumprindo as súas propias normas de funcionamento. mensaxe a Feijóo: Nen así conseguirá calarnos!
Neste proxecto de orzamentos para 2013, e á marxe do brutal recurte dos investimentos ambientais, os capítulos de transferenzas de capital e correntes para financiar diversos proxectos e axudas de carácter ambiental a concellos e outras entidades, dibuxan unha situación preocupante. Así, por exemplo, as axudas directas a Parques Naturais (subconceito 7700) acadan uns ridículos 23.333€ no 2013, fronte aos 360.000€ para o mesmo conceito en 2009, unha redución do 93%. Se contabilizamos as axudas e medidas compensatorias a concellos en Rede Natura (subconceitos 7603 e 7700), á poboación local (falmilias) do interior e contorna dos Parques Naturais (subconceito 7800), o resultado é unha caída do 68% nas transferenzas de fondos propios nos orzamentos 2013 con respeito ao 2009 (796.619€ fronte a 2.530.000€). Á vista desta situación, o panorama dos Parques Naturais galegos para o 2013 é catastrófico, comprometéndose gravemente a súa viabilidade e o seu papel como santuarios da nosa biodiversidade máis fráxil: Só falla que os privaticen coa excusa do seus “escasos beneficios”.
Resulta moi revelador o conceito que a administración de Feijóo ten das milloras ambientais das administracións locais. Así, no capítulo de axudas ambientais a concellos (conceito 760, subconceito 7600), todos os cartos (2 millóns de €) adícanse en 2013 á redacción dos PXOM. En 2009, os cartos para os PXOM libráronse dende a consellaría de Política Territorial (tamén 2 millóns de €), e non dende Medio Ambiente. Neste departamento, adicáronse a maiores en 2009 para a mellora ambiental dos concellos un total de 3,4 millóns de €. Cousas de xestionar o formigón e a natureza na mesma consellaría: Nun exercicio de prestidixitación, Hérnández escamotea 3,4 millóns de € aos concellos en 2013.
Particularmente preocupante resulta o montante adicado este ano pola Xunta para axudar aos concellos a xestionar os animais domésticos (servizo de gardería e lacería): Uns ridículos 20.000€ para todas as instalacións do país. Como é posíbel que con estes cartos realicen unha xestión minimanente decente dos animais das cenceiras? Fronte aos 450.000€ adicados a este conceito en 2009, unha redución do 95% significará que moitas instalacións deixen de ser viábeis ou que as existentes teñan que “reducir” os acollementos pola vía, claro está, do exterminio.
Nesta mesma liña hai que interpretar a redución do 52% nos orzamentos adicados ao pago dos danos da fauna salvaxe (111.616€ en 2013 fronte aos 234.000€ de 2009). Tendo en conta esta redución, resulta evidente que nen sequera os gandeiros que teñan pendente cobrar os danos de 2012 o van facer, e que a aposta da Xunta fía máis no chumbo que no euro. Así se explica que Borregón agasalle ao lobby da escopeta con 378.000€ para seguir promocionando unha “xestión cinexética sustentábel” a base de pólvora. As consecuencias para a nosa fauna serán catastróficas: Tiros nos montes todo o ano e incremento dos lazos e velenos pola frustración dos que saben que non se lles pagarán os danos causados polo lobo e outros animais no seu gando ou cultivos.
Finalmente, ADEGA quere tamén denunciar o nulo investimento (sí, trátase dun investimento, e non dun gasto) en educación ambiental e o intento de asfixiar e censurar a actividade dos grupos ecoloxistas. Non abonda con rebaixar a 0€ os cartos adicados á promoción de actividades ambientais e de cooperación por parte do tecido asociativo (en 2009 preto de 1,2 millóns de €), a Xunta pretende tamén deixarnos sen voz: Por segunda vez ADEGA ten que acudir ao Valedor para que a Xunta convoque en tempo e forma os organismos consultivos ambientais nos que estamos representados os grupos ecoloxistas. O Consello Galego de Medio Ambiente, que por lei debe reunirse semestralmente, leva sen facelo case un ano. E o Observatorio Galego da Biodiversidade, de periodicidade anual, leva sen convocarse dende o 22 de decembro de 2010. É a austeridade de Feijóo: tamén fai recurtes no cumprimento das leis!



















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



