O deputado popular pide ao alcalde nacionalista que non disfrace como “sectarismo” a súa incompetencia como rexedor municipal
Balseiro refresca a memoria de Suárez Barcía ao lembrarlle que só na pasada lexislatura a Xunta investiu máis de 27 millóns de euros en Ribadeo
Ribadeo, 17 de xaneiro de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro quixo hoxe refrescar a memoria ao alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, ao lembrarlle que só na pasada lexislatura a Xunta, presidida por Alberto Núñez Feijóo, investiu máis de 27 millóns de euros nesta localidade.
O deputado popular rexeita as declaracións efectuadas polo alcalde respecto dunha “falsa marxinación de Ribadeo” por parte da administración autonómica sinalando que en tempos de crise e axustes orzamentarios foi este concello “un dos que maior investimento recibiu de toda A Mariña lucense, mostra do compromiso do Goberno galego”.
Balseiro reclamou ao alcalde nacionalista que “non disfrace como sectarismo o que non é máis que a súa propia incompetencia como rexedor municipal” e dixo que a perda da oportunidade de contar cun obradoiro de emprego en Ribadeo foi consecuencia de que o alcalde non presentou a documentación que se lle requiriu en tempo e forma, feito que poderemos comprobar cando teñan oportunidade de tratar no Parlamento unha pregunta que rexistrou sobre este particular.
Balseiro está convencido de que o radicalismo do que nos últimos tempos fai gala o alcalde non é comprendido pola veciñanza, “que observa con estupor a incapacidade de diálogo do seu primeiro edil”. Ao mesmo tempo o deputado popular lamentou a obsesión “case enfermiza” de Suárez Barcia por polemizar coa administración autonómica sinalando que este enfrontamento constante non fai ningún favor aos seus veciños.
O deputado popular dixo tamén que o “alto investimento” realizado pola Xunta baixo a responsabilidade de goberno do Partido Popular “non resiste comparación” co feito polo bipartito, “moito menor”, e só por poñer uns exemplos lembrou as obras de ampliación e mellora do porto de Mirasol (2,2M€), as de Porcillán (1,2M€) os investimentos no Casco Histórico (400.000€), na ampliación e melloras dos centros escolares (2,1M€), na inauguración da nova EDAR (18,5M€) no mantemento do CIM, en materia de vivenda ou no plan de cooperación que permitiu contratar a 80 persoas só ao longo da lexislatura que vén de rematar.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



