Os Reis visitaron, coma en anos anteriores, a Residencia da 3ª Idade. Rematada esta actividade, comezou a cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorreron en boa medida, cortaron despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes
