Cervo acolle unha mostra inédita do mariñán Óscar Villarquide na que amosa retratos naturais e híbridos
Cervo, 26 de xaneiro de 2013-A primeira exposición individual do artista burelés Óscar Villarquide xa se pode visitar no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo. Esta tarde o edil cervense Luis Guillén así como representantes da asociación organizadora, A Sombriza, e o propio autor participaron na inauguración desta mostra inédita xa que ata o de agora non se exhibira nunha sala de exposicións.
Trátase dun compendio de obras deste artista titulado “A natureza do rostro. Retrato e hibridación” no que se poden ver 17 cadros, a maior parte deles óleos, aínda que tamén hai gravados e debuxos. En todos os casos existe unha liña temática, como son os retratos, a meirande parte de persoas achegadas como familiares e amigos, dos que o artista pretendeu captar e plasmar a esencia da súa personalidade.
Villarquide toma como base as fotografías das persoas ás que quere retratar e a partir delas pinta a man alzada. Cabe destacar que o artista non se limita a debuxar o que ve, senón que lle dá o seu toque persoal aos rostros, ás súas expresións e ás súas proporcións, buscando capturar a súa naturalidade e potenciar os seus trazos característicos.
Ademais, a mostra conta con catro retratos híbridos nos que o autor mestura e superpón os rasgos faciais de varias persoas dando lugar a un rostro composto. Con estes cadros híbridos, Villarquide inicia unha serie á que pretende darlle continuidade.
Óscar Villarquide vive en Burela pero a súa familia procede da parroquia cervense de Rúa, onde o artista viviu ata os catro anos. De formación artística, este mozo de 25 anos xa comezou a trazar o seu futuro na pintura aos 18 anos, cando empezou a crear as súas primeiras obras. Cursou o Bacharelato na modalidade de Artes no IES Monte Castelo de Burela e seguiu a súa formación na mesma rama licenciándose en Belas Artes. Villarquide ten participado en numerosas exposicións colectivas, pero esta é a primeira na que as súas obras son as únicas protagonistas.
Esta exposición enmárcase no programa “Novos artistas, novos valores” da asociación A Sombriza, a organizadora da mostra. A edil de Cultura, Begoña Alonso asegurou que esta iniciativa “es muy interesante ya que da una oportunidad a esos artistas incipientes que tienen mucho arte que ofrecer y que compartir con el público, que esperamos acuda a ver esta exposición”. A concelleira destaca que “a pesar de su juventud, Óscar va definiendo su estilo e incluso empieza a crear series como la de los retratos híbridos, que demuestran mucha determinación por seguir trabajando y creciendo como artista”.
A exposición permanecerá aberta ata o 31 de marzo, en horario de luns a venres de 10 a 13 e de 17 a 20 horas no Centro Cultural e de Servizo á Cidadanía de Cervo.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



