Os Reis Magos percorrerán as rúas de Cervo e San Cibrao repartindo uns 280 quilos de caramelos
-Melchor, Gaspar e Baltasar recollerán as cartas dos nenos e nenas e escoitarán as súas peticións
Cervo, 3 de xaneiro de 2012-As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán este sábado día 5 as localidades de Cervo e San Cibrao, onde saudarán á veciñanza, repartirán caramelos e recollerán as cartas dos pequenos. Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán primeiro por San Cibrao nas súas carrozas. A comitiva sairá ás 18:30 horas do pavillón polideportivo da Veiga e percorrerá as rúas da vila ata chegar ao Auditorio da Casa da Cultura, onde os recibirá o alcalde, Alfonso Villares. Os Reis Magos permanecerán no Auditorio para escoitar os desexos dos pequenos e recoller as súas cartas.
A cabalgata de Cervo comezará ás 19:00 horas partindo das escolas vellas cara a avenida principal e dirixíndose á Igrexa parroquial, onde farán unha parada no belén vivinte para adorar ao neno Xesús. Ao seu paso pola capital municipal as Súas Maxestades de Oriente utilizarán vehículos todoterreo descapotables para desprazarse, dende os que poderán saudar ao público e repartir os caramelos. O itinerario continuará ata a Casa do Concello, onde os recibirá o rexedor cervense. Tamén nesta ocasión os cativos e cativas terán a oportunidade de achegarse a Melchor, Gaspar e Baltasar para transmitirlles as súas peticións e entregarlles as súas cartas.
Unha vez rematados os actos coas Súas Maxestades de Oriente, o grupo O Bordelo ofrecerá unha peza teatral inédita que será estreada esa mesma noite tal e como vén facendo dende hai quince anos como agasallo de Reis. Nesta ocasión presentarán “Abordelar”, unha comedia escrita e dirixida por Francisco Piñeiro e que fala da situación actual convidando a reflexionar ao tempo que se incita a rir, incluso daquelas cousas que realmente son para chorar.
Ese mesmo día, ás 21:00 horas diante do Museo do Mar, ACIA San Cibrao levará a cabo o sorteo de 1.200 euros. O gañador terá que estar entre o público e contar coa rifa premiada, que se atopará entre todas as entregadas polos comercios aos seus clientes durante estas festas.
As cabalgatas de Reis están organizada pola Asociación Península da Paz no caso de San Cibrao e pola Asociación Airiños do Xunco no caso de Cervo, entidades que contan coa colaboración do Concello. A administración local facilitará uns 60 quilos de caramelos en total, 30 para cada cabalgata, que serán repartidos durante os percorridos polas rúas e na recepción.
En canto á cabalgata de San Cibrao, entregaranse ata 250 quilos procedentes da colaboración dos comercios e empresas locais así como dos veciños, que responderon ao chamamento realizado pola Asociación Península da Paz para que os cervenses colaboraran doando caramelos. As persoas que desexen facer a súa achega aínda están a tempo deixando a súa doazón na Casa da Cultura.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



