A AVV O Tesón está a repartir a felicitación cos seus desexos para o novo ano: unha residencia para Ribadeo, a reparación e reposición das vidreiras, o retorno do xulgado, e o uso normativo da do nome da ría e a súa conservación. Asemade, estase a repartir a convocatoria para unha asemblea xeral ordinaria da asociación, que terá lugar no local do lavadoiro (rúa dos Fornos) o día 2 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que seguramente non se fará por falta de quórum). Os puntos que está previsto tratar inclúen a presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades, así como do orzamento e programa de actividades para o presente ano.
Felicitación e asemblea da AVV O Tesón de Ribadeo
Felicitación e asemblea da AVV O Tesón de Ribadeo
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia