O PREGÓN DA FESTA DO BERBERECHO, E O CONCURSO DE CANTES DE TABERNA.
Ramón Fraga López.- Esta pasada fin de semana, celebrouse en Foz a “X Festa do berberecho”, a pesar de que a maldita “cicloxénises explosiva” non nos deixou desfrutala en todo o seu esplendor. O venres as 20,30h. no salón de actos da casa da cultura de Foz, deu comezo a festa co pregón, que nesta ocasión correu a cargo dos propietarios do Bar Chícaro, local da localidade, que cumpre en este 2013 nada máis e nada menos que medio século de vida, interrompido só nunha ocasión( e por pouco tempo) en que o local foi una tenda de roupa infantil.
José Ramón Villarino (Jamones para os amigos), e seu fillo Jorge Rodríguez (neto do fundador do bar, Jose Antonio “o Chícaro”, e o último chicariño, de momento), deleitaron o público asistente, que abarrotaba o salón de actos, con anécdotas e recordos, de un bar que é dos máis tradicionais de Foz, e que fixeron rir en varios momentos os escoitantes presentes. Dicir que en Foz o berberecho chámaselle de toda a vida chícaro de aí a invitación a pregoar esta festa os donos de tan mítico local focego.Dende aquí aproveito para reclamar para esta festa o nome de festa do chícaro, aínda que debaixo se poña berberecho para aqueles non saiban de que vai a cousa. O pregón rematou con un pequeno pero marabilloso repertorio musical do grupo” Escolma de Meus” de Viveiro, que coas súas magnificas interpretacións, fixeron a delicia de cantos alí nos xuntamos. Da gusto escoitar tan magnificas voces.
E falando de voces, esta X edición da festa do chícaro (berberecho), contou co primeiro concurso de cantes de taberna, que se celebrou nunha veintena de bares e restaurantes da localidade.Tres grupos (Mar Adentro, os Larpeiros e a Coral de Foz), deixaron escoitar os seus cantigos, entre viño e viño , e fixeron lembrar tempos alleos, cando os homes do mar focegos entonaban cancions mariñeiras e habaneras polos bares do pobo, e facían a ledicia de todos cantos os escoitabamos. Recuperar esta tradición sería un moi bo logro,esperando que se repita neste tipo de actos.
Ramón Fraga López


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



