A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo recorda que a exposición fotográfica “A Historia do Fútbol en Mondoñedo” vai abrir de novo esta fin de semana na Casa da Cultura, con horario de 11 a 13 e de 16 a 19 o sábado día 5 de xaneiro e de 11 da mañá a 13 horas o domingo Día de Reis. Todos os que o desexen poderán achegarse ata alí ver as fotografías dos equipos de fútbol mindoniense dende os anos 20 ata a actualidade. O Pasatempo tamén quere agradecer a tódolos que visitaron a exposición nas últimas fins de semana e a todas as persoas que acudiron ás dúas sesións da “I Xornada de Curtametraxes”.
Fotografías de fútbol en Mondoñedo
Fotografías de fútbol en Mondoñedo
Relacionado
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR
-
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade