Poñémonos en contacto co seu medio para lle comunicar que Galiza Nova da comarca da Mariña está a desenvolver unha campaña informativa nos centros de ensino da comarca sobre a folga estudantil do 6 de febreiro mediante repartos de material, charlas coas e cos representantes de estudantes e asembleas informativas, co obxectivo de que o estudantado mariñao sexa coñecedor de como lle vai afectar a aplicación da LOMCE.
Deste xeito, desde a nosa organización programamos unha serie de Asambleas Abertas onde poñeremos sobre a mesa as lesivas consecuencias que suporá a aplicación da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
As Asambleas Abertas programadas son as seguintes:
-Venres día 1 de febreiro ás 11:30h no IES de Foz
-Venres día 1 de febreiro ás 11 horas no IES Ribadeo
-Venres día 1 de febreiro ás 11 horas no CIFP de Ribadeo
-Luns día 4 de febreiro ás 11:30 horas no IES Monte Castelo de Burela
-Luns día 4 de febreiro ás 11:30 horas no IES Perdouro de Burela
Así, desde Galiza Nova, queremos trasladar ao estudantado da Mariña que cómpre mobilizarse contra a LOMCE xa que é unha nova reforma que supón o regreso ao modelo educativo do franquismo e que xunto aos recortes, busca liquidar o ensino público galego como dereito de todos e todas a unha formación de calidade. Asemade, pretender lexislar en contra do coñecemento e estudo das linguas propias excluíndo, así, o galego do ensino.
Deste xeito, faise imprescindíbel a participación do estudantado nas mobilizacións que se convocarán na nosa comarca o vindeiro día 6 de febreiro para rexeitar na rúa, de novo, a política educativa do PP.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



