O BNG ACUSA AO ALCALDE DE MURAS USAR FONDOS PÚBLICOS DO CONCELLO PARA PAGARLLE VIAXES Á SÚA FAMILIA
O CONCELLO FINANCIOU CON 3.000 EUROS UNHA VIAXE A GRANADA DUNHA ASOCIACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DIRIXIDA PON AFINS AO PP ENTRE OS QUE SE ATOPA A SÚA PROPIA FILLA
Os nacionalistas denuncian un desfalco silencioso , denunciando que o Alcalde de Muras non diferencia entre a xestión pública e a xestión privada da súa vida persoal.
O propio alcalde viaxou a Granada na compañía de dúas fillas, un xenro e dous netos.
A Mariña, 16 de xaneiro de 2013. O BNG denuncia que o Alcalde Muras concedeu no ano 2012 unha subvención á unha Asociación Xuvenil do Concello por importe de 3.000 euros, da cal unha filla súa é tesoureira e onde militan simpatizantes e xente próxima ao Partido Popular para unha viaxe a Granada á que acudiron maioritariamente membros da súa propia familia.
Os nacionalistas denuncian que aos veciños informouselles desta viaxe chamando dende o Concello e dicíndolles que o Concello estaba a organizar unha viaxe a Granada, cando en realidade e logo de ver a documentación presentada para a xustificación, o Concello non limitouse a financiar a viaxe da que se beneficiaron entre outras persoas o propio alcalde, dúas fillas, un xenro e dous netos.
Consideran os nacionalistas reprobable a actitude do Sr. Algnam Azzam que mentras obriga aos veciños do Concello a pagarse o Servizo de Axuda no Fogar ao non consideralo rentable e dicir que non hai diñeiro, non ten vergoña en subvencionar con 3.000 euros a unha asociación da cal unha filla súa é tesoureira e na que participan simpatizantes do Partido Popular de Muras. Neste sentido, os nacionalistas consideran carente de toda ética que o alcalde cunha adicación exclusiva de 54.300 euros, dietas aparte, se vaia de vacacións coa familia nunha viaxe subvencionada polo propio Concello que dirixe.
Os nacionalistas denuncian outra vez a “trapalleira” xustificación da subvención concedida polo Alcalde á asociación da súa filla. Para xustificar a mesma presentaronse dúas facturas e unha memoria de dous folios, dende o BNG volven denunciar que no concello de Muras o alcalde fai o que lle peta e non se xustifican axeitadamente os gastos, pois fálase de que viaxaron 25 persoas, máis non se presentou nengún listado de asistentes, ningunha foto da viaxe,…nin algo que xustifique que o que se dí é certo.
Dende o BNG de Muras, sospeitan que se está a mentir unha vez máis por parte do Alcalde xa que a xente que fixo a viaxe non foi no número que se dí na xustificación e insisten en que o alcalde volve confundir a institución municipal coa súa propia casa