O INTERNACIONAL MATAMOROS REFORZA AS LIÑAS BURELISTAS
O Burela FS Pescados Rubén segue movendo o mercado de inverno para levantar voo no debut da máxima categoría, co reforzo do internacional Matamoros, procedente do Inter Movistar. Se non xorde ningún contratempo, o resolutivo pivote madrileño, con contrato para o que resta de tempada e o próximo exercicio, estará en terras galegas entre mañá e o mércores para ser presentado oficialmente pola entidade laranxa e incorporarse á dinámica do equipo.
A traxectoria de Jorge Valhermoso Matamoros (Madrid, 1984) acredita a súa solvencia e determinación nas pistas, cun percorrido de vertixe. Debutou defendendo a Vermella (xaneiro de 2009), con 9 citas internacionais ás súas costas e o título de campión do Torneo de IV Nacións, ademais dunha Supercopa de España (2011) coa Máquina Verde. Dende o Aranjuez (2003-04), tomou contacto co Pinto FS (2004-05) e Olías del Rey (2005-06). Entre 2006 e 2009 regresou ao Pinto, co que ascendeu á Divisón de Honra en 2007-08. A tentación galega na elite cativouno en 2009, ingresando no Azkar Lugo, antes de apostar en 2011 pola sólida engrenaxe do Inter Movistar.
Na presente campaña, disputou nove encontros, asinando a autoría de 3 tantos.
Matamoros convértese na terceira incorporación de inverno ao equipo laranxa, xunto ao pivote Cesinha (Sao Paulo, 1985) e o ala zurdo Silva (Rio de Janeiro, 1986).
EL INTERNACIONAL MATAMOROS REFUERZA LAS LÍNEAS BURELISTAS
El Burela FS Pescados Rubén sigue moviendo el mercado de invierno para levantar vuelo en el debut de la máxima categoría, con el refuerzo del internacional Matamoros, procedente del Inter Movistar. Si no surge ningún contratiempo, el resolutivo pívot madrileño, con contrato para lo que resta de temporada y el próximo ejercicio, estará en tierras gallegas entre mañana y el miércoles para ser presentado oficialmente por la entidad naranja e incorporarse a la dinámica del equipo.
La trayectoria de Jorge Valhermoso Matamoros (Madrid, 1984) acredita su solvencia y determinación en las pistas, con un recorrido de vértigo. Debutó defendiendo a la Roja (enero de 2009), con 9 citas internacionales a sus espaldas y el título de campeón del Torneo IV Naciones, además de una Supercopa de España (2011) con la Máquina Verde. Desde el Aranjuez (2003-04), tomó contacto con el Pinto FS (2004-05) y Olías del Rey (2005-06). Entre 2006 y 2009 regresó al Pinto, con el que ascendió a Divisón de Honor en 2007-08. La tentación gallega en la élite lo cautivó en 2009, ingresando en el Azkar Lugo, antes de apostar en 2011 por el sólido engranaje del Inter Movistar.
En la presente campaña, ha disputado nueve encuentros, firmando la autoría de 3 tantos.
Matamoros se convierte en la tercera incorporación de invierno al equipo naranja, junto al pívot Cesinha (Sao Paulo, 1985) y el ala zurdo Silva (Rio de Janeiro, 1986).

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
