Ca San Silvestre celebrada en Ribadeo o 31 de decembro, o Club Atletismo Ribadeo, rematou o ano ca maior participación en probas do calendario atlético por distintos puntos da xeografía española.
Destaca o Campionato galego da especialidade no I Marathon de A Coruña, a Vig-Bay, o campionato de España de veteranos de Media Marathon La Reconquista(Cangas de Onis) ,10 Km de León, 10 Km de San Martiño (Ourense), 10 Km de Xixón…sumando un total de 50 probas.
Unha das novidades desta tempada foi a creación dunha Liga, que rematou o final de ano e na que resultou gañador na Categoría masculina José López Gavin cunha participación en 35 probas puntuables, colleitando 5.933 puntos e na categoría feminina Ana M.Ferradás Barrera con 17 carreiras e 4.147 puntos.
Os dous gañadores foron agasallados polo Club cuns trofeos que lles foron entregados na pasada cea de Nadal celebrada no restaurante Costa Verde.
Os gañadores queren agradecer os seus compañeiros os ánimos recibidos durante a tempada, especialmente Gavin que o quere facer extensivo dun xeito moi especial a sua dona Fedra e os seus pais, que o acompañaron e axudaron o longo do ano.
Co inicio do ano os novos retos xa están en marcha, o Club Atletismo Ribadeo xa empezou os adestramentos para a Media Marathon Vig-Bay que terá lugar no mes de marzo.
A directiva do Club Atletismo Ribadeo quere desexar un Feliz Aninovo e convida a iniciarse neste deporte para o cal teñen nos teñen a súa disposición.