O CONCELLO DOARÁ AS DIETAS DO PLENO ORDINARIO, PREVISTO PARA O 15 DE FEBREIRO, E A RECADACIÓN DO PARTIDO DE FÚTBOL QUE DISPUTARÁN O LOURENZÁ E O FOZ O VINDEIRO DOMINGO A SANDRA LLOPIS. ESTA RIBADENSE, CON RAÍCES LAURENTINAS, PRECISA REALIZAR UN TRANSPLANTE DE CÓRNEA E BUSCA A SOLIDARIEDADE DA SOCIEDADE COA SÚA CAUSA.
Lourenzá, 29 de xaneiro de 2013. O Concello de Lourenzá solidarízase coa ribadense Sandra Llopis, que sigue a recadar fondos para realizar o transplante de córnea que precisa no Centro de Oftalmoloxía Barraquer. Nas últimas horas a alcaldesa, Emma Álvarez, o concelleiro de Deportes e presidente das Escolas Deportivas, Pablo Maseda, e o secretario das Escolas Deportivas, Rubén García, mantiveron un encontro con Sandra Llopis e a súa familia para coñecer de preto o seu caso.
A rexedora explicou que “tendo en conta as raíces laurentinas de Sandra Llopis, que aínda que naceu en Barcelona pasou a súa infancia na parroquia de San Adriano, de onde é nativa a súa nai, pareceunos oportuno colaborar na recadación dos cartos que precisa para realizar esa operación. Sandra padece unha enfermidade pouco coñecida e precisa dun transplante de córnea de titanio, xa que debido á falla de iris que sofre, non é posible un transplante humano. Para poder levar unha vida na que se defenda por sí mesma precisa desta intervención, que se levará adiante nunha clínica privada en Barcelona ao non existiren especialistas na seguridade social que poidan afrontar un caso destas características. Cando lle descubriron a enfermidade a Sandra Llopis, só había detectados 5 casos en toda España”. O custe da operación ascende a 9.222 euros, segundo a documentación que Sandra Llopis lle presentou á alcaldesa de Lourenzá. “Son xa 10 as intervencións ás que se someteu e todas elas, agás a última na que lle recolocaron dous implantes, foron sufragadas por ela e polo seu marido. Agora él leva máis dun ano no paro e a súa situación económica pola que atravesa esta familia é delicada, non poden afrontar os custes deste transplante de córnea que precisa de xeito urxente, e por iso recorren á solidaridade da sociedade”, indicou Emma Álvarez.
Desde as Escolas Deportivas de Lourenzá doarase a caixa do encontro de primeira autonómica que se disputará o vindeiro domingo, 3 de febreiro, no campo de fútbol local e no que se enfrontarán o Lourenzá e o Foz. Emma Álvarez sinalou que “o prezo das entradas é de 5 euros. Todo o recadado será para axudarlle a Sandra Llopis. Ademais os socios, que non pagan entrada habitualmente, poderán facer os donativos que consideren no propio campo de fútbol. E os que non poidan acudir ao encontro e queiran colaborar poderán facelo a través da fila cero facendo as súas aportacións no número de conta 2048-0191-63-3004001856 de Cajastur en Ribadeo”. Os donativos serán recollidos ata o vindeiro 15 de febreiro. Ese día haberá un pleno ordinario da Corporación Municipal de Lourenzá, “e tras falar cos portavoces dos tres grupos municipais doarase a esta causa o importe das dietas dos 11 concelleiros, cantidade que ascende a 770 euros”, seguiu a relatar a alcaldesa de Lourenzá.
Emma Álvarez anima “a todas as persoas que de xeito voluntario e solidario poidan axudar a esta rapaza, Sandra Llopis, que durante anos foi veciña de Lourenzá. Ela ten a mala sorte de padecer unha enfermidade pouco coñecida e cun tratamento moi costoso”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



