O VINDEIRO LUNS CÚMPRESE O CENTENARIO DO NACEMENTO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. ESE DÍA EMPEZARÁN EN VILANOVA DE LOURENZÁ OS ACTOS CONMEMORATIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO PARA HOMENAXEAR AO ILUSTRE INTELECTUAL, QUE CONTINUARÁN DURANTE TODO ESTE ANO.
Lourenzá, 3 de xaneiro de 2013. O Concello de Lourenzá organizará durante este ano 2013 diferentes actos para conmemorar o centenario do nacemento do ilustre intelectual Francisco Fernández del Riego, que se cumpre o vindeiro luns, día 7 de xaneiro. Con este motivo ese día haberá varias actividades, que anunciou hoxe a alcaldesa Emma Álvarez Chao.
A rexedora lembrou que Fernández del Riego “foi un persoeiro clave na historia da cultura galega contemporánea. Dende novembro do ano 2001 ten o recoñecemento de fillo predilecto do noso concello. Don Paco pertenceu á xeración de intelectuais que xurdiron arredor do grupo Nós. Durante a República foi membro do Seminario de Estudos Galegos e tamén do Partido Galeguista. Xunto con Ramón Piñeiro foi un dos principais impulsores da Editorial Galaxia, que foi fundada no 1950, dirixiu a revista Grial, ingresou na Real Academia Galega no ano 60 da que foi presidente a partir de 1997. Foi literato, escribiu tamén sobre cultura, editou antoloxías poéticas, libros de vocabulario, incluso un gran número de artigos poéticos é biografías. Tamén é autor de dous libros das súas memorias: El río del tiempo, do ano 91, e outro que publicou o 2004 a Editorial Galaxia baixo o título Camino andado”.
Por todo isto dende o Concello de Lourenzá o vindeiro luns, 7 de xaneiro, “queremos telo presente no noso recordo celebrando actos conmemorativos do centenario do seu nacemento. Así celebrarase ás sete da tarde na igrexa de Santa María de Valdeflores unha misa homenaxe para deseguido facer unha ofrenda floral diante do seu busto, que está colocado na praza do Conde Santo. Ao seu remate proxectaremos o documental sobre Fernández del Riego elaborado pola Televisión de Galicia titulado Pegadas na memoria no salón de actos da Casa do Concello. Estas actividades están abertas a todo público e facemos un chamamento a todos os veciños para que participen na lembranza deste laurentino ilustre”, anunciou a alcaldesa.
Emma Álvarez tamén comentou que “o aprecio que lle ten o noso pobo a don Paco, a un dos seus fillos máis distinguidos, non só se plasmou co seu recoñecemento co fillo predilecto no ano 2001, pois unha das rúas do casco urbano leva o seu nome, a súa casa natal luce unha placa de homenaxe, foi pregoeiro da Festa da Faba e na vixésima edición deste evento, no ano 2011 (o ano seguinte ao do seu pasamento) celebrouse unha homenaxe a título póstumo. Por outra banda, foi desde o propio balcón da casa consistorial de Lourenzá onde iniciou a súa actividade pública pronunciando nos anos 30 un discurso que nin a Guerra Civil, nin o réxime franquista conseguiron parar e izou a bandeira galega como reivindicación do galeguismo, que durante toda a súa vida defendeu”.
Por estes motivos o equipo de goberno rexistrou hoxe unha moción para declarar 2013 como o ano de Francisco Fernández del Riego por coincidir co centenario do seu nacemento e realizaranse a longo deste ano distintos actos de recordo ao que foi o primeiro fillo predilecto do concello.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



