O dispositivo de emerxencias activado pola Deputación atendeu máis de medio cento de incidencias en apenas 48 horas
– Os 102 traballadores e os 54 vehículos do operativo activado atenderon unha media dunha incidencia á hora en preto de 50 estradas de 29 Concellos da provincia. A estrada LU-P-1301, no Courel, é a única das vías provinciais que permanece pechada polos graves danos estruturais provocados polas intensas choivas caídas
Os efectivos postos en marcha pola Deputación de Lugo o pasado venres tiveron unha intensa fin de semana por mor do temporal que afectou á totalidade da xeografía galega. As intensas choivas caídas, xunto cos fortes ventos, provocaron numerosas incidencias que afectaron á rede viaria provincial, a cal conta con máis de 4.000 quilómetros. O dispositivo posto en marcha o pasado venres amosou a súa efectividade, acadando unha media dunha incidencia atendida á hora, as cales se localizaron en numerosos puntos da provincia. De feito, o temporal afectou á normalidade do tráfico en máis de 50 vías de 29 Concellos, provocando máis de 50 incidencias en apenas dous días.
En canto á natureza dos incidentes, destacaron especialmente os máis de 20 cortes nas estradas, tanto parciais coma totais, provocados por pola acumulación de auga nas mesmas, seguidos moi de preto polos provocados por desprendemento de terras, que rondaron a mesma cifra. Foi menor (5) o número de peches temporais de vías por mor de caída de árbores. Ó vento e a chuvia hai que sumar as nevadas caídas nos Concellos da Montaña, que xa durante a fin de semana deron traballo ás máquinas quitaneves da Deputación, que tiveron que acudir a dar resposta inmediata a 10 incidencias puntuais.
Os Concellos especialmente afectados foron os de Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Becerreá, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castro de Rei, Cospeito, O Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Mondoñedo, Pedrafita, Pobra de Brollón, Pontenova, Quiroga, Ribadeo, Sober, Trabada, Viveiro, Xermade, Navia de Suarna, Pastoriza, Ourol e O Vicedo.
O intenso traballo levado a cabo polos traballadores do organismo provincial durante toda a fin de semana fixo posible que a circulación quedase restablecida con normalidade, agás na LU-P-1301, no tramo que transcorre polo Concello do Courel, que aínda permanece pechada polo importantes danos estruturais que presenta.
Neve na Montaña lucense
Malia ter pasado as xornadas de máis intensidade do temporal, na Montaña lucense a presenza de neve segue facendo necesario o traballo das 6 máquinas quitaneves do organismo provincial para garantir a seguridade dos usuarios da rede viaria.
Esta mañá os traballos continúan nas seguintes estradas: as LU-P-4501, LU-P-1303, LU-P-1304, LU-P-5601 no Concello do Courel; no Concello de Pedrafita a LU-P-1301 (unicamente no tramo que discorre por este Concello), LU-P-1304, LU-P-3701, LU-P-4501, LU-P-4502, LU-P-4504 e LU-P-4505. No Concello de Cervantes as LU-P-0702, LU-P-1401, LU-P-4504, LU-P-3505, LU-P-1405, LU-P-1404, LU-P-1412. Na Fonsagrada, LU-P-4606, LU-P-1901, LU-1903, LU-P-1906, LU-P-3601 e no Concello de Navia de Suarna as LU-P-3505 e LU-P-1901.
Este operativo forma parte do Plan Invernal 2012-2013 que puxo en marcha a Deputación de Lugo a primeiros de novembro e que permite actuar coa máxima axilidade en casos de temporais ou sucesos puntuais, para conservar e manter sempre en perfectas condicións a rede viaria provincial. Os traballos para garantir a circulación e a seguridade dos conductores, previsiblemente, continuarán nesta zona, xa que as previsións apuntan a que as precipitacións en forma de neve continuarán nos vindeiros días.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



