Clausurado o IV Encontro de Cooperación, que contribuíu a un debate “plural e rigoroso” sobre o futuro do municipalismo
A cuarta edición do Encontro de Cooperación cos Concellos foi clausurada esta tarde polo Deputado provincial Álvaro Santos, nun acto no que destacou que as xornadas cumpriron co obxectivo que se marcou a Deputación ó organizalas: “abrir un debate plural, aberto e rigoroso sobre o municipalismo, sobre o seu presente e o seu futuro, nun momento transcendental coma este, cando está enriba da mesa a reforma do Réxime Local”. Santos destacou que os 5 poñentes, “expertos de recoñecido prestixio nos ámbitos do dereito e a administración, ofreceron claves, posicións moi fundamentadas e nalgúns casos moi diverxentes, para entender mellor cara onde camiña e cara onde debe camiñar o municipalismo”.
Neste senso, asegurou que dende a Deputación de Lugo “nunca obviamos este debate, non nos asusta o cambio porque o esencial, traballar en rede aforrando custes, faga quen o faga mañá, non pode ser cambiado”. Santos defendeu “un municipalismo forte e adaptado ós tempos, no que as Deputacións, ou outras institucións que cumpran con ese papel intermunicipal, sexan institucións transparentes, modernas, prácticas e útiles para o mundo local, en definitiva para a cidadanía. Niso levamos traballando na Deputación de Lugo dende hai cinco anos”.
O Deputado garantiu a continuidade deste foro, “o encontro do mundo local, que fomos pioneiros en organizar en Galicia e hoxe convertido en todo un referente, xa non só na provincia, senón a nivel autonómico”.
As posturas dos poñentes
Trala inauguración a cargo do Presidente, o IV encontro de Cooperación cos Concellos incluíu unha mesa redonda sobre “Os Gobernos locais intermedios en España e Europa. As Deputacións como Gobernos intermedios. Presente e Futuro”, na que interviñeron Manuel Zafra Víctor, profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada, e Roberto Blanco Valdés, Catedrático de Dereito Político e Constitucional da Universidade de Santiago. Durante o debate, moderado polo xornalista lucense Benigno Lázare, Manuel Zafra defendeu o termo “concertación” como o que mellor define a relación entre provincia e municipio, así como a necesidade de “distribuir bien las competencias y definir las que son municipales”. En canto á reforma de Réxime Local que prepara o Goberno, considera que supoñerá “unha involución democrática, pois a provincia perderá a condición de entidade local que lle confire a Constitución, quedándose só coa outra natureza que lle atribúe a Carta Magna: unha división territorial para o cumprimento dos fins do Estado. “Será una administración periférica del Estado, lo que supone un menoscabo de la democracia muy serio”, argumentou.
Fronte a esta defensa do intermunicipalismo que fixo Zafra, estivo a postura de Blanco Valdés, quen valorou o carácter plural das xornadas ó contar con opinións diverxentes. O Catedrático considerou que a reforma do Réxime Local que promove o Goberno central vén marcada pola mala situación económica, e coincide coa necesidade de acometela, pero non co seu contido. Valdés avogou por suprimir os municipios non viables, por determinar os servizos que pode asumir cada Concello en función da súa poboación, e por unha reforma da planta municipal que non inclúa as institucións provinciais. Pola súa banda, Manuel Zafra desbotou este argumento, pois para a racionalizacións dos custes e a optimización dos servizos, asegurou, non é preciso suprimir institucións, senón “ordenar la intermunicipalidad”.
Seguidamente, José María Gimeno Feliu, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza, ofreceu unha conferencia sobre a contratación conxunta como fórmula para que os concellos aforren custes e melloren a eficiencia na prestación de servizos.
O Encontro de Cooperación rematou con unha segunda mesa redonda sobre “Os pequenos municipios ante a reforma do Réxime Local”, na que participaron Jordi Sevilla, ex ministro de Administracións Públicas, e membro do Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado; xunto a Alba Nogueira, profesora titular de Dereito Administrativo da USC. Igualmente moderada polo xornalista Benigno Lázare, neste debate os poñentes coincidiron na necesidade de que a reforma do Réxime local que está en marcha garanta a prestación eficiente de servizos públicos básicos a toda a cidadanía e aborde o problema do financiamento local, cuestións que o actual proxecto de lei do Goberno central non toca. Con respecto ó financiamento local, o ex ministro indicou que “queda por estudiar la participación de los municipios en los tributos de las comunidades autónomas, algo que debe estar regulado por Ley”.
Jordi Sevilla expuxo así mesmo que segue pendente o reparto de competencias, opinión que compartiu igualmente Alba Nogueira, quen incidiu en que na actualidade hai “un marco competencial difuso”. A profesora da universidade compostelá afirmou tamén que a reforma do Réxime Local “ten intención uniformadora”, é dicir, “ofrece solucións iguais para todos, sen ter en conta os problemas dos pequenos concellos”, e, coincidindo con Manuel Zafra, opinou que o proxecto de lei “diminúe a calidade democrática”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



