O vindeiro martes, 15 de Xaneiro, as 20:00 horas, nas instalacións do Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA, terá lugar a presentación do libro de poemas “Dende mañá” de Jaime Oroza, ilustrados por Otero Regal e editado por RegalXunqueira. Haberá unha proxección da montaxe do libro, poemas e ilustracións, un pequeno recital de Jaime Oroza e a presentación de Otero Regal. É unha edición artesanal, reducida e numerada de 38 exemplares. A entrada é libre.
Presentación libro de poemas “Dende mañá”
Presentación libro de poemas “Dende mañá”
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón