O Colectivo Cultural Buril ven de renovar a súa Xunta Rexedora, en Asemblea Xeral celebrada o pasado 28 de decembro. A única candidatura presentada pretende dar continuidade ao proxecto que desenvolve na actualidade o colectivo, con especial atención a aqueles temas relacionados coa cultura e a lingua galegas, o patrimonio histórico e natural, a historia local, deportes tradicionais, memoria colectiva, lecer… A Xunta Rexedora está integrada por tres dos seus antigos membros e por tres novos socios e socias que se incorporan, continuando Rosana Valle como presidenta do colectivo. Durante este ano, continuarán coa actualización da base de socios, polo que animan a todas as persoas interesadas en participar ou achegar as súas propostas a asociarse ao Buril.
Renovación CC Buril
Renovación CC Buril
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia