En canto aos gañadores do torneo, os tres primeiros clasificados de cada categoría recibiron un trofeo da man da edil de Deportes, Yolanda Pedreira, da edil de Educación, Pilar Armada e do presidente do Club de Tenis de Mesa de San Cibrao, José Manuel Estéfano. Na categoría absoluta, o primeiro premio foi para Eugenio Alonso, o segundo para Daniel López mentres o terceiro clasificado foi Raúl Barcia. En cadete a vencedora foi Rocío Duarte, o segundo posto foi para Mateo Meitín e o terceiro para Carlos Torres. En infantil, o gañador foi Xoel Rodríguez, Adan Noval foi o segundo clasificado e Sergio López quedou terceiro. E por último, en alevín, Adrián Díaz proclamouse o gañador, seguido de Diego Barrera que quedou segundo e de Claudia Prieto, que se situou terceira.
