A ASOCIACIÓN VEA RECIBIU OS 3.000 EUROS DA PAGA EXTRA DE DECEMBRO DO ALCALDE E DO CONCELLEIRO DE OBRAS. AMBOS DECIDIRON CEDELA A UNHA ENTIDADE SEN ÁNIMO DE LUCRO.
Barreiros, 16 de febreiro de 2013. A asociación VEA de Barreiros recibiu do alcalde, Alfonso Fuente, e do concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, os 3.000 euros da paga extra de decembro que ambos decidiron destinar a un fin solidario.
O rexedor explica que “tanto o concelleiro de Obras como eu vimos de cumprir aquel compromiso que adquiriran todos os membros do Partido Popular en todos os Concellos, e que tamén era un compromiso noso. Igual que lles pasou a moitos traballadores do Concello e a funcionarios de quedar sen a paga extra, nós ao que nos comprometeramos, como non era unha obrigación o ter que renunciar a ela, foi en cedela a unha entidade sen ánimo de lucro”.
Tanto o alcalde coma o concelleiro de Obras entenden que “a asociación VEA está facendo un traballo moi importante no noso concello, en canto á acompañamento de maiores, no roupeiro, etc., unha serie de tarefas importantes que nos parece que nestes momentos están sendo moi valoradas polos veciños, complementando outras actividades que xa se veñan facendo desde o Concello. Polo tanto consideramos que había que axudarlles”.
Coñecedores de que “esta asociación tiña pedido axudas a outras administracións e que non llelas deron e evidentemente, aínda que esta xente é voluntaria, teñen que afrontar gastos de locomoción, entre outros. Colaboran tamén coa organización do Día Solidario no noso concello traballando por outra xente que o necesita e cremos oportuno que deberíamos cederlles a nosa paga extra e así o fixemos. Cumprimos o noso compromiso de ceder esa paga extra a esta asociación que traballa, en definitiva, polos demais, igual que o ven facendo o Concello, que traballa polos veciños”.
VEA (Voluntad, Entrega e Acción) nacía hai un ano en Barreiros. Segundo explican a súa presidenta, Mª Paz Redondo, e a secretaria, Pamela Broz, “temos un un grupo de teatro que fai representacións de concienciación social, coincidindo con datas coma o día da muller traballadora ou o día internacional contra a violencia de xénero. Participamos en varias campañas de recollida de tapóns. O primeiro envío foi efectuado para un neno de nome Álex do Baixo Miño e agora faremos un segundo envío en breve a Lugo para Uxía”. Desde VEA “tentamos tamén cubrir as necesidades sociais de familias con escasos recursos do noso concello e apoiamos ao grupo de voluntariado local no acompañamento de persoas maiores, no roupeiro, na recollida e no reparto de alimentos e tamén no Día Solidario que eles organizan”. En VEA traballan de xeito altruísta sete persoas.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



