O martes 19 de febreiro ás sete e media da tarde a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, impartirá en Lourenzá unha charla co título “A planificación do territorio como ferramenta de convivencia”. Será no salón de actos da Casa da Cultura.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, dicía hai uns días que se trata dunha actividade “súper interesante para todos os veciños, porque aparte da parte ilustrativa que haberá na súa exposición a idea é poder resolver todas aquelas dúbidas que sexan plantexadas polas persoas que veñan a ela. Pareceunos moi adecuado dar este tipo de charla no concello e tratar de difundila o máximo posible para que haxa o maior número de veciños, posto que o Concello de Lourenzá está adherido á Axencia da Protección e Legalidade Urbanística, temos algún caso inspeccionado pola propia axencia e eu creo que sempre vale máis previr que lamentar”.
Emma Álvarez engadiu que un dos obxectivos do acto é “dar a coñecer a obrigatoriedade que teñen as persoas de solicitar as licencias para as obras que vaian a realizar, tamén a importancia que ten adecuar as obras ao proxecto para o cal se concedeu a licenza e, ao mesmo tempo, ter moito en conta o territorio no que se vai facer: si ten algún tipo de protección especial, como pode ser Rede Natura, aínda que este concello ten un porcentaxe moi baixiño, de apenas un 3 por cen, e tamén como pode ser preto do Camiño de Santiago ou estar na área de influencia dun ben de interese cultural, como un simple hórreo, que ten que pasar por unha comisión de Patrimonio”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



