A Xunta de Persoal da Área norte acorda por unanimidade constatar por escrito a ausencia de xuntanzas e diálogo coa dirección do Hospital da Costa de Burela, logo de que en data 25 de setembro de 2012, estas fosen suspendidas pola dirección ata novo aviso.
“Consideramos imprescindible para o óptimo funcionamento deste Centro, a existencia de diálogo e a fluída comunicación entre a Dirección e o Órgano máximo de representación dos traballadores e traballadoras, co ánimo de acadar puntos de encontro que revertan na mellora asistencial e favorezan o desenvolvemento dos seus profesionais, e rexeitamos a situación actual de distanciamento cos axentes sociais que so aportan escurantismo, sendo máis propias dun estado ditatorial”, apunta Adolfo Corral Calviño, presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria Norte de Lugo.
O mércores 20 de febreiro, a Xerencia de Primaria de Lugo informa ao Comité de Primaria, da inminente publicación do Decreto de Área Integrada Lugo-Monforte-Burela e, o día 21, o Progreso publica o nome do xerente que dirixirá o noso Hospital dende Lugo. Estes son os canles de comunicación desta Xerencia coa Xunta de Persoal, cos seus traballadores e traballadoras, os canles do silencio e do mutismo.
“A situación é clara, o Hospital da Costa perde a súa autonomía e a súa capacidade de Xestión, comeza o desmantelamento dun Hospital que da cobertura a 72.000 persoas e mentres, o Xerente que sempre dixo que isto non ía ocorrer, que o Decreto que se ía publicar era o de Xestión integrada da Mariña, escondese agora tras un despacho”, advirten dende a Xunta de Persoal da Área Norte.
Ante un ataque de tal magnitude para cos traballadores e traballadoras do Hospital da Costa e para con tódolos habitantes da Mariña, “dende esta Xunta de Persoal, esiximos a esta Xerencia que convoque aos seus traballadores para dar explicacións públicas do que está acontecendo e que faga un chamamento en defensa da Sanidade Pública da Mariña e en defensa do Hospital de tódolos mariñáns”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



